Montse Prado: “ O PP é cómplice da situación temeraria de Povisa”

Montse Prado na Comisión de sanidade

A deputada culpabilizou ao Goberno do conflito laboral en Povisa polos despedimentos de persoal, a pesar do convenio, “millonario” de 600 millóns de euros do centro sanitario coa Administración

Montse Prado na Comisión de Sanidade

O deputada do BNG, Montse Prado defendeu hoxe unha Proposición non de lei na que pedía iniciar unha investigación sobre o destino exacto “dos recursos públicos” que a empresa Povisa recibe do convenio asinado co SERGAS.

Ante a folga de fame do colectivo de traballadores e traballadoras do centro Povisa, e tras a intervención do portavoz do Partido popular, Miguel Santalices, a deputada nacionalista preguntou que vai facer o PP para resolver o conflito laboral polos despedimentos.

Prado explicou que hai nove días no inicio da folga de fame de catro taballador@s, tivo lugar unha reunión coa Delegada territorial quen se comprometeu a resolver o conflito, e pasados os nove días, “seguimos igual e sen resposta” por parte da Administración.

Qué argumentos defende o Partido popular, preguntou para votar en contra de iniciar unha investigación que aclare a verdadeira situación de Povisa e os seus traballadores/as, “qué oculta o PP e Povisa” para non levala a cabo, reiterou.

Prado pediu a readmisión das trece persoas despedidas e amosou o seu apoio ás mobilización previstas para hoxe, en toda Galiza contra os recortes na Sanidade Pública.

Mala atención sanitaria en Povisa por criterios economicistas

Asemade, a parlamentaria incidiu na necesidade de comprobar se o centro sanitario está a atender en “igualdade de condicións aos usuarios/as” e pediu ao PP que deixen de facer “declaracións de intencións” e resolvan definitivamente a situación dos traballadores e traballadoras que atenden aos doentes.

Carme Adán e Monste Prado na Comisión de Sanidade

“Nin delegada, nin conselleira, nin o Presidente da Xunta tiveron a ben interesarse polo problema de Povisa” aínda que o máis probable dixo, é que se reúnan co empresario para tratar outros temas pero non o de 1.300 traballadores con redución horaria, despedimentos e ausencia de persoal nalgunhas quendas como levan denunciado. “Unha empresa con cartos públicos, afirmou, non pode acosar aos seus traballador@s” e poñer en risco a atención da poboación que atende.

O PP está ao lado da empresa que fai caixa a conta d@s traballador@sRéplica

Qué máis ten que pasar para que o PP faga algo, volveu preguntar a nacionalista despois mencionar as denuncias ante a Fiscalía e a folga de fame dos traballadores da que por certo, dixo, “nada informou a Televisión e Radio Galega”, a pesar de ser un conflito que afecta a 1.300 traballadores.

 Acoso aos traballadores que permanecen en folga de fame

Prado mostrou tamén a súa solidariedade coas catro persoas que permanecen en folga de fame dende hai nove días en protesta polos despidos e modificacións laborais nunha empresa cun convenio “millonario” co SERGAS e que segue despedindo a persoal fixo cunha media de 15 ou 20 anos mentres contrata persoal con cargo o convenio. Traballadores en folga de fame que son acosados e sometidos a intermitentes encendidos de luz e paso de máquinas de limpeza en horas non destinadas para este labor.

Fianalmente, Prado lamentou que, unha vez máis, o PP sega defendendo os beneficios da empresa e deixe de lado a traballadores/as e usuarios.

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG