- Que pague máis quen máis ten. Incremento da presión fiscal sobre as grandes empresas e patrimonios e persecución da fraude fiscal.
- Suspensión dos desafiuzamentos até o 31/12/2023 (prorrogábel).
- Pola paz e o diálogo. O gasto militar dos Orzamentos xerais do Estado para servizos públicos (sanidade, educación...).
- Prohibición por lei o corte dos subministros de luz, auga e gas.
- Intervención pública no mercado da vivenda. Limitación do prezo dos alugueres e das hipotecas en vivenda habitual e locais comerciais.
- Medidas de urxencia para controlar os prezos dos combustíbeis e dos produtos básicos de alimentación.
- Intervención pública no mercado eléctrico para controlar os prezos. Creación dunha Tarifa Eléctrica Galega.
- Protección do sector agro-gandeiro, marítimo-pesqueiro e PEME’S.
- Incremento das pensións, dos salarios máis baixos e das axudas sociais.
- Medidas transversais con perspectiva de xénero e para frear as consecuencias da crise sobre a mocidade.
Mobilízate co BNG!
Consulta a dispoñibilidade de autobuses desde a túa localidade na seguinte ligazón:
https://www.bng.gal/estaticas/autobuses-non-crise-prezos-estafa.html