O BNG pide modificar o acordo do convenio do SERGAS e Povisa en beneficio d@s usuarios

O deputada do BNG, Montse Prado pediu que na modificación do acordo figurara “garantir o tempo imprescindíbel ata poder dar cobertura na Sanidade pública”.

Montse Prado na Comisión de Sanidade

Santiago de Compostela, 7 de febreiro, 2014. A portavoz de Sanidade do BNG, Montse Prado defendeu hoxe unha Proposición non de lei para renovar o concerto singular entre o Sergas e Povisa ante a aposta do Partido popular pola privatización da Sanidade publica galega e fronte os recortes continuos e o seu desmantelamento.

Os votos en contra do Partido popular impediron que prosperara a iniciativa do BNG que reclamaba por en marcha as medidas necesarias para que a totalidade da poboación da Área Sanitaria de Vigo podar ter asistencia especializada na sanidade pública.

A parlamentaria reprochou ao PP establecer un acordo nun concerto por 10 anos con prestacións que teñen cobertura na Sanidade pública, “si é un acordo para establecer un concerto por un tempo imprescindíbel ata poder dar cobertura na Sanidade pública, nós aceptámolo” pero o que está ocorrendo,dixo, é que “Povisa non está a dar un servizo de calidade”.

Por outra parte, rexeitou a afirmación do portavoz do PP, Miguel Santalices sobre a liberdade dos usuarios a adscribirse a centros privados como contempla a Lei de Garantías ao que a nacionalista respondeu que non existe ningún artigo desas características na lei mencionada e a poboación de Vigo ou do Morrazo só pode facelo con Povisa.

Prado insistiu na necesidade de modificar o acordo antes de asinar o concerto con Povisa nestas condicións porque é permitir con fondos públicos que un centro privado compita con centros públicos, “o PP nunca tivo a intención de crear áreas sanitarias na zona Sur para que a poboación poida decidir libremente acudir a un centro privado” e por iso reduciron a metade o hospital de Vigo.

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG