Sanidade pública de calidade e universal, unha conquista irrenunciable

O BNG “está ao lado” dos que defenden unha sanidade pública e universal, salienta o portavoz nacional Xavier Vence, que encabezou a ampla representación do Bloque na manifestación convocada pola  Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade Pública, que aglutina aos 150 colectivos que fai un mes se reuniron no Concello de Riotorto seguindo o chamamento do alcalde nacionalistas dese municipio, Federico Gutiérrez, o primeiro de Galiza en levantar a bandeira contra o copagamento.

En defensa da sanidade pública

“Estamos en contra do copagamento dos medicamentos hospitalarios para doentes crónicos e de toda a batería de medidas do PP que, pinga a pinga, saen cada día, que reducen a calidade do servizo público restando servizos, e introducen cambios na normativa para favorecer a sanidade privada”, explicou Vence.

O dirixente nacionalista lanzou un chamamento á sociedade para defender o sistema público de saúde.

“Temos que esixir ao PP que free a avalancha de agresións á sanidade pública, é necesario que toda a cidadanía valore o que supuxo na calidade de vida de todos esta conquista para que a saibamos defender e impidamos que os negociantes privados e os grandes fondos financeiros comercialicen coa nosa saúde”, salientou, coa complicidade do PP na Xunta e en Madrid que está lexislando e adoptando medidas en contra da sanidade pública e en beneficio do negocio privado.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG