Congreso

BNG exixe explicacións a Transportes ante as incidencias ferroviarias de inicio de ano

Néstor Rego
Néstor Rego

Néstor Rego avanza o rexistro de iniciativas para coñecer a que se deberon as incidencias en época de alta mobilidade e que aconteceu cos trens Avril que continúan a acumular varios problemas

“O Ministerio de Transportes debe demandar explicacións a Talgo alén das que está a dar e mesmo, de ser preciso, asumir responsabilidades porque os Avril desde que entraron en funcionamento están a dar problemas” reclama Rego

A organización nacionalista denuncia a falta de comunicación de RENFE e as consecuencias que ten para as persoas viaxeiras ocasionais e tamén para os e as usuarias do servizo público que viaxan en prazas sinerxiadas

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG