Comunicado da Executiva do BNG sobre os últimos acontecementos na República Árabe Siria

Siria
Siria

Diante dos acontecementos en curso na República Árabe Siria, a Executiva do BNG manifesta:

  1. Que seguimos con atención e preocupación os feitos que están a acontecer e as consecuencias que poidan ter para a poboación siria.
  2. Como unha organización pacifista e antiimperalista avogamos porque todos os esforzos se encamiñen a lograr unha saída pacífica e democrática, respectando o dereito a autodeterminación e o exercicio da soberanía dos pobos, sen inxerencias externas das potenciais internacionais e coa inmediata fin da violencia. O prioritario debe ser protexer a vida e os dereitos da poboación da Siria e evitar calquera deriva reaccionaria no que ten a ver cos dereitos e liberdades, singularmente cos dereitos das mulleres, tendo en conta a chegada ao poder de grupos ligados ao xihadismo islamista.
  3. Consideramos urxente que a ONU adopte todas as medidas precisas para promover un inmediato cese do fogo e que inste o resto de actores rexionais e internacionais a desistir das súas hostilidades e inxerencias, directas ou indirectas, na Siria.
  4. Esta situación ten efectos tamén en termos rexionais, nun Medio Oriente que xa enfronta unha moi perigosa escalada belicista e o desenvolvemento do brutal xenocidio por parte de Israel en contra do pobo palestino. Estamos, pois, diante do risco real de que na Siria se reproduzan situacións que atravesan o Afganistán, o Iraq ou a Libia, incrementando a inestabilidade e subordinando os pobos a escuros intereses xeoestratéxicos do imperialismo.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG