Néstor Rego

O noso país non pode permitirse perder catro anos máis, co BNG Galiza terá voz propia no Congreso

Presentación Trazo
Presentación Trazo

No acto de presentación do candidato do BNG á alcaldía de Trazo, Rego afirmou que o equipo encabezado por Cesar Boquete é o mellor aval para mudar o rumbo do concello

O candidato á alcaldía de Trazo destacou a “ilusión, ideas e traballo” dun equipo capaz de transformar o concello no mellor lugar para vivir

O cabeza de lista ao Congreso pola provincia da Coruña, Néstor Rego participou hoxe no acto de presentación do candidato á alcaldía de Trazo, Cesar Boquete.

Rego afirmou que “o noso país non pode perder catro anos máis e co BNG, Galiza terá  voz propia no Congreso”. Perder catro anos máis, recalcou o candidato,  e perder “oportunidades, investimentos e melloras nas condicións de vida das persoas”. O candidato do BNG ao Congreso explicou que os galegos e galegas sabemos moi ben o que dan de si as “forzas de obediencia española” que prometen pero logo incumpren e se esquecen sistematicamente de Galiza. Nesta liña,  asegurou que o mellor exemplo foron os orzamentos do estado. Unhas contas, dixo, pactadas entre Podemos e En Marea co PSOE e que resultaron ser os “peores orzamentos e investimentos”, con pouco máis de 750M€ en 17 anos.

“Non podemos confiar nas forzas estatais”, e só “unha forza galega como a do Bloque Nacionalista galego vai levantar a voz para defender o xusto e o que nos corresponde como galegos e galegas”.

O candidato pediu  o apoio dos veciños e veciñas do concello de Trazo para que nos próximos anos, “os intereses sociais, nacionais e de todos os galegos e galegas teñan presenza no debate político do estado”. Isto, dixo,  será posible co BNG no Congreso.

Ao igual que o vindeiro 28A decidiremos  ter voz propia e colocar a Galiza co papel que merece no Estado, o 26 de Maio tamén temos a oportunidade de elixir ao BNG para dirixir o concello de Trazo con Cesar Boquete e unha equipa con proxecto e  capacidade para transformar o concello. Concluíu.

CESAR BOQUETE PIDE MIRAR PARA OS CONCELLOS GOBERNADOS POLO BNG COMO AVAL DO TRABALLO BEN FEITO

O candidato  á Alcaldía de Trazo, César Boquete destacou a “ilusión, ideas e capacidade de traballo da candidatura do BNG” para mudar o concello e convertelo no mellor lugar para vivir porque o BNG, explicou, puxo “no mapa” concellos dos que ninguén falaba”. Boquete pediu aos asistentes que pensaran en  Muras, Mazaricos, Carballo, Tomiño, Allariz ou Pontevedra, referentes todos eles en Galiza e gobernados polo BNG con políticas innovadoras e dirixidas aos veciños e veciñas.

“Nós queremos  facer de Trazo un concello transparente, participativo,

un concello dinámico, inclusivo, con mellores comunicacións e con máis servizos. Un concello atractivo para a xente nova, cómodo para a xente maior. Un concello do que se poida presumir” e para facer todo isto,  contamos cos mellores e as mellores, entre os que destacou a Xosé María Fernández Piñeiro, Chicho,  afamado hostaleiro en Santiago e Teo, María Carreira Noya, a benxamina da candidatura. Estudante, futbolista, feminista e coas ideas moi  claras ou con  Martín Rei Leis, concelleiro do BNG durante os últimos catro anos.

As persoas que estades aquí coñecédesnos a todos e todas e  esperamos contar desde hoxe coa vosa confianza para que nos acompañades até o día das eleccións facendo vosa esta candidatura e colaborando para que outra xente confíe nela e nos dea o seu apoio.  Desde o goberno ou desde a oposición, “queremos seguir contando con vós porque todos e todas somos necesarios para cambiar Trazo”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG