Galegas 2024

Noa Presas avanza que o goberno do BNG dotará o Hospital de Valdeorras a unidade de pneumoloxía e silicose

Valdeorras
Valdeorras

“O noso compromiso a partir do 18 de febreiro desde o goberno da Xunta é que en Valdeorras haxa dereitos sanitarios igual que noutras partes do país, e que se adapte o modelo sanitario as súas necesidades” afirma

Un goberno galego do BNG rematará coa discriminación que sofren as comarcas ourensás, sinala Presas

A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, arranca a campaña electoral cunha ruta polas comarcas ourensás e comezando por Valdeorras como exemplo da necesidade de que o vindeiro 18F haxa un “cambio político liderado polo BNG” para garantir “un futuro para Ourense e, polo tanto, Valdeorras” ao servizo tamén da cohesión e o reequilibrio territorial. Acompañada por militantes e simpatizantes da comarca de Valdeorras e tamén cos candidatos, Suso Vilasánchez e Roberto Quiroga, Presas avanza os proxectos para garantir o desenvolvemento social e económico de Valdeorras.

“Arrancamos a campaña electoral do BNG o primeiro día no Barco de Valdeorras, que non é unha elección casual, queremos arrancar a nosa campaña electoral aquí porque o Barco de Valdeorras, Valdeorras como comarca, exemplifica como ningunha outra dentro de Ourense, a necesidade de que este 18F haxa un cambio político” sinala Presas.

Un cambio político, continúa a cabeza de lista, diante dunhas eleccións abertas “as máis dos últimos 15 anos que nos dan unha oportunidade histórica de ter por primeira vez, un goberno liderado polo BNG, un goberno de cambio liderado por Ana Pontón á fronte da presidencia da Xunta de Galiza”.

Alén do mais, Presas avanza que o BNG sae a por todas nesta campaña electoral cunha “campaña intensa, inzada de actos, de contacto coa cidadanía” frente a un PP que non quere debater, e non quere debater sobre Ourense. Un BNG, evidencia Presas, con propostas de futuro, cun proxecto de país, ao servizo tamén da cohesión e o reequilibrio territorial que é fundamental para sitios como Valdeorras.

Futuro para Valdeorras cun goberno do BNG

Aquí temos exemplos de 14 anos de demolición de política sanitaria, e de 14 anos de abandono do impulso económico das infraestruturas. “O noso compromiso a partir do 18 de febreiro desde o goberno da Xunta, e que en Valdeorras haxa dereitos sanitarios igual que noutras partes do país, e que se adapte o modelo sanitario as súas necesidades” avanza Presas.

“Comprometémonos a esa unidade de pneumoloxía e silicose no Hospital de Valdeorras, e comprometémonos tamén a apostar polo impulso económico desta comarca, entre outras cuestións, haberá unha negociación directa co Estado, desde a presidencia da Xunta para que se reparen, se melloren e se cumpran os prazos das infraestruturas pendentes, e tamén apostaremos tanto polo sector do viño, como polo sector industrial e para que esta provincia e esta parte do país teñan un futuro e poidamos a partir do 18F construílo entre todos e todas cunha Galiza mellor” sinala.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG