Galegas 2020

Noa Pesas chama a confiar no “modelo BNG” o 12X co aval da experiencia transformadora dos concellos nos que gobernan

Alcaldes e alcaldesas do BNG
Alcaldes e alcaldesas do BNG

O BNG aposta por un novo sistema de financiamento para a Galiza e para os concellos galegos e unha Lei galega de facendas locais

Noa Presas: “O modelo do BNG é un modelo de transformación que xera unas expectativas diferentes. É un modelo avanzado”

A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, reuniuse coas alcaldías de gobernos e co gobernos da circunscrición nunha xornada de traballo en prol de novas dinámicas e propostas para o vindeiro 12X. Presas reivindicou un novo modelo de financiamento para os municipios de Ourense e animou a botar a Feijóo da Xunta de Galiza por ser “tan cacique como Baltar na Deputación”.

Durante a reunión, a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, sinalou por parte das alcaldías e co gobernos dous problemas que afronta o municipalismo a día de hoxe: por unha banda, o sistema de financiación onde os concellos galegos “percibimos unha media de 50 € menos por habitante”. Asemade, o Fondo de Cooperación Local no que o orzamento recibido vai en detrimento “desde 2010 cando comezou Feijóo no goberno da Xunta de Galiza”.

Por outra banda, desde a formación nacionalista sinalaron outra das eivas do sistema onde os municipios galegos están asumindo “cada vez máis competencias impropias, que a lei non nos atribúen aos concellos e principalmente lle atribúe a lei á Xunta de Galiza: os servizo sociais son un exemplo”.

Noa Presas, a cabeza de lista do BNG por Ourense, comezou agradecendo o papel dos concellos liderados pola formación nacionalista polo papel que afrontaron “man a man cos seus veciños e veciñas. Aí se ve que as políticas que defende o BNG cando ten ocasión nos gobernos é útil para a veciñanza”.

“O modelo do BNG é un modelo de transformación que xera unhas expectativas de vida diferentes. O modelo do BNG era un modelo adiantado” recalcou Presas. Continuou criticando a actuación da Xunta de Galiza ante “o inxusto modelo de financiamento que ven desde Madrid. Estivo de costas ao municipalismo deste país, desatendeu as súas competencias  e tivo unha desigualdade na dotación de servizos”.

Presas sinalou a discrecionalidade de do presidente á fronte da Xunta de Galiza durante estes anos que provocou “que Feijóo sexa tan cacique coma Baltar”. Explicou que o modelo da Xunta é similar ao empregado pola institución provincial ourensá, sendo a única galega “que non ten un plan único con criterios de obxectividade e con criterios de igualdade”.

Diante do 12X, Presas lembrou que o BNG colócase como a única forza política que aposta por un novo modelo de financiamento local “que teña en conta os maiores custos da prestación dos servizos e incorpore criterios como o avellentamento e a dispersión da poboación·. Paralelamente, a candidata nacionalista introduciu o compromiso de sacar adiante unha Lei Galega de facendas locais e un novo sistema de reparto das transferencias non finalistas aos concellos.

“É a garantía dun goberno nacionalista liderado por Ana Pontón que haxa un reparto xusto dos fondos e dos servizos que dota a Xunta de Galiza e que haxa un reparto equilibrado de competencias” apuntou Presas. “Non teremos máis ataduras que a necesidade que teñan os concellos e as galegas e galegos” concluíu a candidata mentres animaba ás veciñas a mirar cara o municipalismo nacionalista e a súa experiencia transformadora.

Defensa dos dereitos e os servizos sociais

A cabeza de lista do BNG, Noa Presas, tamén participou como representante da súa formación nacionalista na sinatura do manifesto lanzado pola Plataforma ProCAPD de Ourense. Comprometeuse a levar a cabo un Centro de Atención público e a que a súa xestión fose pública e directa, adquirindo tamén o compromiso de reforzar os servizos sociais no país.

Presas levou ao Parlamento de Galiza durante estes últimos catro anos a construción deste Centro e defendeu desde o primeiro momento que a xestión fose pública e directa.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG