Comezan no Parlamento galego as comparecencias de conselleiros e conselleiras para presentar as contas do 2014
Francisco Jorquera acusa ao Goberno de Feijóo de elaborar uns orzamentos que incrementan a débeda pública e hipotecan o futuro de Galiza.
Tras a comparecencia da conselleira de Facenda, Elena Muñoz, a primeira das que se producirán os vindeiros días co resto d@s titulares das consellerías e responsables de entes dependentes da Xunta, o portavoz do grupo parlamentario nacionalista, Francisco Jorquera anunciou que os orzamentos do 2014, non frearán o desemprego nin acelerarán unha evolución positiva para a economía galega.
O deputado manifestou que existen mentiras pequenas, mentiras grandes e estatísticas en alusión ao anuncio do Partido popular sobre crecemento no gasto social, a realidade, dixo non é outra máis que que en boa parte do gasto regrado e previamente comprometido, a Xunta ten un escaso marxe para actuar no gasto social, vostedes fan trampa interpelou o nacionalista á titular de Facenda, as contas demostran que en sanidade o descenso supera os 34 millóns de euros porque para pagar o saneamento da banca impóñense drásticos recortes ás CCAA, recalcou.
O proxecto de orzamentos para Galiza, nace morto por mor dos axustes impostos polo goberno central que obrigan ás Comunidades Autónomas a reducir aínda máis os servizos sociais e as políticas de impulso para o crecemento económico.
Esperanza cero para as persoas en paro e para evitar a ruína económica de Galiza
Os orzamentos do 2014 agochan unha opción política e escolla ideolóxica envolta en tecnocracia con grandes desacertos nas súas previsións relativas á diminución do desemprego e crecemento do PIB, segundo a propia Xunta de Galiza, engadiu Jorquera, o emprego medido en postos de traballo a tempo completo diminuirá 0,2% para o vindeiro ano pese a un escenario de previsións triunfalistas por parte do Goberno da Xunta.
Estes orzamentos representan esperanza cero para as persoas no paro e a ruína económica de Galiza.
As políticas procíclicas non contribúen á recuperación económica e provocan o descenso na recadación, o nacionalista criticou que o Goberno galego centre os seus esforzos nunhas políticas económicas que non conseguen sequera equilibrar as contas públicas.
O PP triplicou a Débeda pública de Galiza
Neste sentido, mostrouse a favor dun endebedamento en políticas anticiclicas que contribúan á creación de emprego e recuperar a economía e rexeitou que o Partido popular triplique a débeda de Galiza xustificando que practican políticas Keynesianas, se vostedes practican o Keynesianismo eu son o Bispo de Cuenca, ironizou.
No estado español se está a producir unha nacionalización da débeda da banca cun brutal incremento do endebedamento polo que o Goberno central executa grandes recortes nas Comunidades Autónomas e a Xunta de Galiza acepta sen rechistar a decisión.
O deputado do BNG reclamou á titular de Facenda ser informado dos cadros de amortización da débeda para os vindeiros anos porque na súa opinión, o Partido popular prevé un escenario de recuperación económica cando as previsións de redución de gasto seguirán producíndose nos vindeiros anos ante o peso da débeda.
Jorquera tamén pediu a opinión do Goberno galego sobre os axustes ás CCAA impostos polo Ministerio de Economía, segundo o informe remitido a Bruxelas.
A Xunta vai poñer o berro no ceo como fixeron algunhas comunidades autónomas gobernadas polo Partido popular ante a imposición destes axustes? preguntou.
Non me saen as contas, porque se a Xunta acepta esta imposición no ano 2014 debe axustar 278 millóns de euros e no 2015, 311 millóns, o Gobeno galego vai a asumir finalmente esta medida? Concluíu.