Aquí están as 10 medidas que porá en marcha desde o seu goberno:
- Accesibilidade, acompañamento, orientación e apoio por parte da Administración Pública Galega sen importar en que punto do país residas.
- Educación inclusiva que dea cabida a todas as realidades, libre de violencias e acoso LGBTIfóbico.
- Cultura diversa que dea voz ás realidades LGBT+, sen deixar de valorar ás profesionais culturais do colectivo que traballan e producen en Galiza.
- Unha Galiza sen medo, cun plan galego contra os delitos de odio baseado no acompañamento e o apoio ás vítimas.
- A formación en diversidade un dos piares do sector público, reducindo así posibles prexuízos e discriminacións na atención personalizada.
- Recoñecemento e despatoloxización das persoas trans e non binarias, ampliando a lexislación existente para blindar os dereitos do colectivo LGBT+.
- Un envellecemento digno en liberdade e comunidade para as persoas LGBT+.
- Recuperar e celebrar a memoria da diversidade sexual e de xénero en Galiza.
- Saúde integral e sen estigmas para as persoas LGBT+ en Galiza, mellorando a formación do personal sanitario e garantindo protocolos non patoloxizantes para as persoas trans.
- Combater a pobreza e a precariedade xerada pola discriminación estrutural, especialmente das persoas trans e non binarias.