A Executiva do BNG acordou onte, no marco da xuntanza preparatoria dos traballos a desenvolver ao longo do verán e de análise dos temas da axenda política, solidarizarse coas e cos líderes políticos cataláns presos diante do novo atropelo xudicial con que se quere castigar o independentismo. Nesta ocasión, é a propia Fiscalía do Estado quen demanda a suspensión do dereito á saída de prisión das persoas presas en situación de terceiro grao, revocando este.
A Executiva do BNG considera que esta decisión mostra como, novamente, no Estado español substitúese “xustiza por vinganza” e non existe “vontade para poñer fin á represión e á xudicialización e afrontar dunha vez, desde a política e o diálogo, unha cuestión claramente política e democrática como é a cuestión do dereito a decidir”.
O BNG considera unha vergoña que retrata á xustiza e aos poderes políticos españois “o trato vingativo que se aplica con políticos e políticas independentistas” ao tempo que se “oculta e protexe a corrupción da Casa Real”.