parlamento galego

BNG pide ao goberno galego compromiso coa ciencia e a investigación e medidas que dignifiquen a I+D+i en Galiza

Olalla Rodil
Olalla Rodil

Olalla Rodil afirma que sen ciencia non hai futuro e sen condicións laborais e salariais dignas a ciencia non é posible.

Reclama deseñar unha carreira investigadora dialogada coas organizacións representativas do persoal investigador e garantir a estabilidade laboral

A portavoz en materia de  Innovación e Ciencia, Olalla Rodil defendeu unha proposición non de lei para reclamar  “compromiso” ao goberno galego coa ciencia e a investigación e  medidas que dignifiquen a I+D+i en Galiza.

Roidil afirmou que “sen ciencia non hai futuro e sen condición laborais e salariais dignas para o persoal investigador, a ciencia non é posible”. Neste sentido, urxiu á Xunta a “deseñar unha carreira investigadora en diálogo coas organizacións representativas do persoal investigador para definir  as distintas etapas, “desde a formación predoutoral até a consolidación profesional” con  contratos laborais e condicións salariais dignas.

Por outra banda, considerou que na carreira investigadora deben  implicarse as  áreas do goberno con competencias en I+D+i ,Industria e Innovación e a GAIN; Sanidade e ACIS.

Perspectiva de xénero na carreira investigadora

Na súa intervención, Rodil remarcou a necesidade de introducir a perspectiva de xénero de maneira transversal favorecendo a incorporación e o desenvolvemento da carreira investigadora das mulleres.

Sabemos dixo, que a I+D+i representa un sector estratéxico para o desenvolvemento económico, social e cultural de Galiza pero o noso país, criticou, “está moi lonxe de apostar na ciencia e a investigación” como evidencian as cifras de investimento. “Continuamos por baixo do 1% en relación ao PIB. Por baixo da media estatal ,1,25% en 2019 segundo o INE e moi lonxe da media europea cun 2% fronte ao 2,5%.

Rodil denunciou que dende o ano  2011, o goberno do PP foi desmantelou todos os  avances  no deseño dunha carreira investigadora e tecnolóxica a través do Plan INCITE, “menos prazas, peores condicións salariais, menos duración dos contratos e sen fase de consolidación”.

Por outra parte, tamén se reduciron as axudas Predoctorais, 102 na convocatoria de 2021 fronte ás 161 das  María Barbeito, Posdoctorais, modalidade A e B,  substitúe as Parga Pondal  con 138 prazas e cinco anos, hoxe 49 axudas e 3 anos. No caso da carreira tecnolóxica, persoal tecnólogo, suprimiron todo o que había para substituílo polo Programa Principia, (contratos persoal tecnólogo sector privado ou centros de investigación) e contratos dun ano para incorporación de persoal técnico de entre  18 e 35 anos.

Rodil cualificou de “fracaso” o programa Oportunius con cinco contratos dende a súa creación. Para a deputada, todos estes datos constatan a grande inestabilidade e precariedade do noso persoal investigador obrigado en moitas ocasións a continuar coa produción científica “sen contrato nin salario”

Por poñerlle cifras estimadas, datos da Rede galega de investigación. O investimento dunha doutora ou doutor supera os 78.800 euros; o dun posdoutorado os 204.000 de investimento público.

Para a deputada,  “estamos formando talento cun importante investimento colectivo para exportalo a outros países para que  xere riqueza e coñecemento fóra de aquí” Algo así como regalarlle traballadores formados a Alemaña ou Reino Unido para despois importar o seu coñecemento. “A mellor mostra témolo coas vacinas”.

O CiQUS, por poñer un exemplo galego, capta cada ano 6 millóns de euros a través de proxectos e grupos de investigación. A situación actual demostra que con apenas investimento público o inxente esforzo dos grupos de investigación en Galiza obteñen  resultados enormes.

Esta situación é a que desde o BNG propoñemos cambiar ou comezar a mudar con esta proposición non de lei que insta a Xunta a deseñar unha carreira investigadora en diálogo coas organizacións representativas do persoal investigador.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG