Minutos antes de comezar a manifestación da DIADA de Catalunya 2017 en Barcelona, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón afirma estar ante unha “DIADA histórica” na que “o pobo catalán quere escribir con letras de liberdade o seu futuro”.
A portavoz do BNG criticou as posicións “inmobilistas e retrogradas do Estado español” que está a boicotear que a xente poida decidir o seu voto . Para o BNG, recalcou Pontón, a actitude do Estado español “non é admisible nin permisible”.
Dende o BNG, engadiu, temos moi claro o dereito dos pobos a decidir o seu futuro e que o presente e o futuro deben escribirse con “D de democracia e L de liberdade”.