congreso

BNG comprométese a defender o sector agrogandeiro galego durante esta lexislatura nas Cortes

Reunión FRUGA
Reunión FRUGA

Néstor Rego reúnese con representantes da FRUGA para escoitar as demandas e reclamará ao Goberno reducir a carga burocrática e atender as necesidades específicas das explotacións galegas.

“A Lei da Cadea Alimentar debe ser modificada para asegurar que non se produce a venda por debaixo do custo de produción” afirma Rego

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, após manter reunións con representantes da FRUGA, mantén o compromiso coa defensa dos intereses do sector agrogandeiro galego nesta lexislatura nas Cortes do Estado. Entre as prioridades, a organización soberanista defenderá un reaxuste da PAC para adaptala á realidade galega, a desburocratización para as explotacións gandeiras, a inclusión do sector vitivinícola galego no reparto de fondos europeos e a reforma da Lei de Cadea Alimentar para garantir que non se produce a venda por debaixo do custo de produción.

Após a reunión de Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, mantida con representantes da FRUGA (Federación Rural Galega), a frente nacionalista volve a comprometerse co sector agrogandeiro galego para defender os seus intereses nas Cortes Xerais do Estado durante esta lexislatura.

Entre as demandas recollidas, o deputado nacionalista demandará a desburocratización e a diminución das cargas para as explotacións co gallo do regulamento de nutrición, así como tamén as cargas derivadas da regulación das granxas bovinas. “O Goberno do Estado debe ter en conta a realidade das explotacións galegas e non pode aplicar as mesmas obrigas ás macrogranxas que ás pequenas explotacións de pastoreo sustentábel” afirma Rego.

No relativo á tramitación da PAC, a frente soberanista reclamará a modificación e adecuación do reparto dos fondos “para adecualas ao territorio galego e ao noso modelo produtivo de pequenas e medianas explotacións”. “O MAPA debe ter en conta as necesidades e especificidades dos distintos territorios do Estado nos ecoesquemas da PAC” subliña. De non rectificar e non modificar esta regulación, alerta Rego, o sector agrogandeiro estará a ser tratado de maneira inxusta.

Alén do máis, Néstor Rego destaca os compromisos adquiridos co sector vitivinícola galego no que ten haber co reparto dos fondos europeos, nos seguros agrarios e mesmo ante o desembarco de capital estranxeiro no sector vitícola galego.

Asegurar que a venda non se produza por debaixo do custo de produción

Por outra parte, o deputado do BNG sinala a necesidade de actuar ante a Lei de Cadea Alimentar “para asegurar que non se produce a venda dos produtos por debaixo do custo de produción e, mesmo, permitir a fixación de prezos con referencia a indicadores xerais que marquen organismos públicos ou estudos emanados polas universidades”.




 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG