parlamento galego

BNG acada a unanimidade para mellorar a cobertura social dos profesionais da avogacía e procuradoría

Iago Tabarés
Iago Tabarés
Iago Tabarés lembra que, tras o rexistro da iniciativa do BNG no Parlamento galego, días máis tarde  o mesmo texto acadou a unanimidade no Parlamento andaluz 

O BNG acada un acordo unánime ao fin de instar ao goberno do Estado a realizar as en relación coas profesionais da avogacía e procuradoría con contratos coa mutualidade profesional ou sistema de protección social alternativo ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) a permitir a posibilidade de trasladar as cantidades  cotizadas na Mutualidade profesional, computándose a efectos no devengo para  pensións e prestacións futuras, xubilación incluída, en todo caso, previa ponderación das cantidades ingresadas e períodos cotizados.

O acordo na iniciativa defendida polo deputado do BNG, tamén inclúe, evitar a equiparación fiscal das cotizacións realizadas na Mutualidade cun plan de pensións complementario e mellorar as condicións da xubilación parcial dos profesionais da avogacía e procuradoría.

O Parlamento andaluz aproba un texto idéntico ao  do BNG

Tras celebrar a unanimidade na proposta  nacionalista, o deputado lembrou que,  recentemente foi aprobada por unanimidade unha iniciativa que para a nosa “sorpresa e orgullo”, dixo, era a mesma do BNG traducida.

Na defensa da iniciativa o deputado do BNG insistiu na necesidade de modificar a situación de cobertura social do colectivo atendendo a actividade que en ocasións transcende ao asesoramento extraxudicial e responsabilidade na dirección dos procedementos e recursos ante os xulgados e tribunais. “Non é só un  traballo técnico, comporta unha responsabilidade e presión que non pecha o venres e volve o luns” e o perfil socioeconómicos e laboral de case 7.100 profesionais en Galiza “non é diferente a de calquera outro profesional autónomo ou autoempregado por contra propia”.

A cobertura social da meirande parte da avogacía e procuradoría, engadiu o deputado do BNG,  “é moi inferior á de calquera traballadora por conta propia homologable” e despois dunha longa  carreira profesional é de cotización na mutualidade da avogacía como sistema alternativo á seguridade social a pensión recoñecida é de  300 ou 400 euros mensuais  en 12 pagas non actualizabeis”.

Por outro lado, “tampouco no copago farmacéutico existe equiparación co sistema público, debendo facerse achegas non inferiores ao 40% por parte do mutualista” e

en caso de falecemento “non xeramos dereito a prestación de viuvez ou de orfandade, unicamente permite o rescate do aportado como se dun plan de pensións se tratase”.

Nesta   iniciativa, remarcou,  propomos unha solución xusta a unha situación dramática que afecta a milleiros de profesionais da avogacía e da procuradoría que tras décadas de cotizacións á mutualidade como sistema obrigatorio ou alternativo ao público ven e verán nos próximos anos recoñecidas pensións de xubilación inferiores ás non contributivas, e mesmo sen dereito á actualización e con penalización no rescate.

Unha  solución xusta, porque xa anticipamos, ao propor a pasarela (voluntaria) ao RETA non se pretende unha equiparación  automática, isto é, cun mes de cotización na mutualidade se equipare  a un mes no Reta, senón que deberá facerse “unha ponderación e estudo previo para evitar un enriquecemento inxusto”.

Como tamén ante esta situación de excepcionalidade permitir a compatibilidade entre a xubilación parcial no Reta  ao traballo a tempo parcial.

A nosa proposta, reiterou, defende os dereitos sociais de miles de traballadoras da avogacía e procuradoría e celebramos este acordo para avanzar na protección social do colectivo.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG