- A candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón visitou hoxe Burela e Viveiro onde mantivo diversos encontros con armadores e exportadores, traballadores e traballadores autónomos e representantes do sector comercial
A candidata do BNG, Ana Pontón, acompañada da cabeza de lista pola provincia de Lugo, Olalla Rodil e diversos cargos institucionais do BNG visitou hoxe as localidades de Burela e Viveiro onde mantivo diversos encontros con representantes do sector pesqueiro, traballadores e traballadoras autónomos e representantes do sector comercial.
Tras a xuntanza cos armadores e exportadores de Burela (ABSA), a candidata nacionalista afirmou que “ os fondos pesqueiros deben ser xestionados dende Galiza” e sen ningún tipo de limitación para apoiar a produción e o desenvolvemento e non para que en Galiza “se desguacen barcos, para apoiar portos deportivos ou as instalacións de acuicultura que limita a nosa capacidade pesqueira”.
Tendo recursos e medios, dixo a candidata, “ podemos crear moito emprego” desenvolvendo a innovación e a transformacións deses produtos que pescamos no mar. “Temos experiencia acumulada e cun goberno que defenda o piar da innovación no sector pesqueiro seremos capaces de recuperar moito emprego para Galiza.”
Ana Pontón, tamén mantivo unha xuntanza con representante dos comerciantes do casco vello de Viveiro aos que trasladou o compromiso do BNG co comercio local e incentivando a compra de produtos locais así como o establecemento de fondo de avais que facilite o acceso ao crédito e unha clara aposta pola formación da xestión comercial. Neste sentido avanzou que o BNG aposta unha le de horarios comerciais que regule as rebaixas, que limite a apertura comercial os domingos e que aposte pola conciliación da vida laboral dos traballadores e traballadoras do comercio.
A candidata do BNG reuniuse na localidade de Covas co sector da hostalería e traballadores e traballadoras autónomos aos que trasladou a necesidade dun maior apoio a este colectivo afectado gravemente pola crise económica.
Os intereses do sector pesqueiro son os intereses do BNG
Pola súa parte, a cabeza de lista pola provincia de Lugo, Olalla Rodil destacou o grande papel do sector pesqueiro na economía de Burela e da comarca da Mariña e da necesidade de manter un permanente dialogo co fin de recoller as súas demandas e trasladar as propostas do BNG que, en boa medida, dixo, “son coincidentes coas do Bloque Nacionalista Galego” e a partir do día 25 de setembro trataremos de defendelas como tradicionalmente facemos alí onde temos voz porque os “intereses do sector pesqueiro son os intereses do BNG”, recalcou.