Galegas 2016

Programa electoral "Galegas 2016"

programagalegas2016
programagalegas2016

Un programa aberto para a Galiza que queremos.

O Programa de BNG-Nós para as Eleccións Galegas de 2016 foi elaborado de maneira colaborativa, coa participación de persoas expertas, militantes ou non, e as achegas imprescindíbeis de organizacións e colectivos que traballan ao longo do ano en diferentes ámbitos para mellorar as condicións de vida das galegas e galegos e abrir un tempo novo no noso País. Queremos agradecer sinceramente todos eses contributos e, ao tempo, manifestar que para alén das medidas recollidas expresamente no programa, concordamos con moitas outras recollidas nas propostas presentadas por colectivos diversos.

Nese sentido, queremos salientar as propostas programáticas que nos fixeron chegar entidades como COGAMI, a Alianza Rural Galega, a Rede Galega contra a Pobreza, Rede Galega de Entidades de Custodia do Territorio, Feministas Galegas, o Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades ESCULCA, a Mesa pola Normalización Lingüística, AGAL, a CGENDL, a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua, Véspera de Nada, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galiza, a Mesa Galega da Psicoloxía Clínica, Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, Asociación Galega de Atención Temperá, Asociación de Persoas Xordas de Santiago, Unicef, os Colectivos animalistas e abolicionistas, a Academia Galega do audiovisual e asociacións do sector audiovisual galego, a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, PAH/Stop Desafiuzamentos, a Fundación Secretariado Xitano, ou a Asociación Pedaladas. Ademais, as propostas sindicais para a salvagarda dos dereitos laborais de traballadoras e traballadores e, particularmente, as 100 medidas para crear emprego na Galiza feitas públicas pola Confederación Intersindical Galega (CIG).

Descargar programa electoral "Galegas 2016"

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG