A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón propuxo destinar “100 Millóns de euros á loita contra a violencia machista”. Ás portas do 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, reprochou a Feixóo “o pacto do Partido popular coa extrema dereita” machista que nega a violencia contra as mulleres e pide derrogar as leis que as protexen.
A través da pregunta parlamentaria, Pontón pediu a Feixóo que “escoite o clamor das mulleres” porque, xa non vale a “hipocrisía e os panos quentes cando o que está en xogo é a vida das mulleres”.
A violencia machista, recalcou a líder do BNG, é un problema “político e social”, unha violencia que provocou na última década “ 55.000 denuncias nos xulgados, 43 mulleres asasinadas en Galiza, 3.500 casos activos de violencia machista e só o ano pasado, denunciados máis de 1.000 delitos sexuais cun intento de violación ao día”.
Teño a certeza, explicou a portavoz do BNG que en troques de di en vez de ser asasinadas 43 mulleres foran 43 deputados, a reacción sería ben diferente, o goberno “non escatimaría medios “nin se contentaría cun simple minutos de silencio”.
Pontón pide un gran acordo para destinar 100 millóns de euros contra a violencia machista
Pontón pediu a Feixóo que non se agoche tras a lei aprobada no ano 2007 porque esa lei, recalcou a nacionalista continua sen cumprirse. Non se formou a totalidade dos profesionais, non hai suficiente sensibilización, non se educa en igualdade, faltan recursos. Hoxe, amosando dende o escano o texto da lei do 2007 reclamou “un gran acordo para dedicar un de cada cen euros a loitar contra a violencia machista”.
A deixación á hora de aplicar unha lei tan importante, engadiu a portavoz do BNG, delátaos. “Delata que a axenda feminista e de loita contra a violencia de xénero non é a súa prioridade”. A súa axenda foi outra dende o inicio: “Financiar a grupos antiabortistas a través da Red Madre, suprimir servizos de información ás mulleres, eliminar o programa de acompañamento ás vítimas de violencia, recuperar concertos con centros que segregan por sexo”, esta, recalcou “foi a súa carta de presentación ás mulleres cando chegou á Xunta”.
E a súa carta de despedida, proseguiu, é “avalar os pactos con esa extrema dereita antigalega, racista e ademais machista que nega a violencia contra as mulleres e quere derrogar as leis para combatela. Mentres eses pactos, que non son “inocuos” non se rompan, vostede é “cómplice” dos que defenden aos agresores e non ás mulleres que sofren violencia machista”. Rompa con esa extrema dereita antigalega e machista, e dedique máis esforzos a loitar contra a violencia de xénero, aseverou.
Machista é pactar con VOX
Tras a resposta de Feixóo, Pontón reiterou que as mulleres galegas falan “por si mesmas” e non elixiron ao PP como portavoz e moito menos cando cualifican o 8M de machista “ Aos que din que o 8 M é machista, dende o BNG respondemos que machista é pactar con VOX” e vostede non “pode poñerse de perfil e eludir ese debate”. Si vostede está incomodo con eses pactos, pida que se rompan pero non pode porque avalou coa dirección nacional do seu partido pactar coa extrema dereita.