- É a mesma mostra de “autoritarismo ditatorial” que amosa o PP cando veta todas as emendas da oposición para mellorar os Orzamentos de 2017
A portavoz nacional, Ana Pontón, expresou a condena pública do BNG ante o cualificou de “xuízo político” contra o ex presidente de Catalunya Artur Mas por parte do “réxime esgotado do 78”, que é tamén unha mostra de autoritarismo como o que demostra o Goberno de Feijóo pasando o rodillo da maioría absoluta por riba do millar de emendas presentadas pola oposición parlamentaria para mellorar as contas públicas.
“Isto, señorías, ten un nome: autoritarismo, o mesmo autoritarismo ditatorial que se vive hoxe cun xuízo político que se celebra en Cataluña”, alegou Pontón, quen aproveitou a súa intervención no Pleno para enviar “o apoio e a solidariedade do BNG coas ex conselleiras Irene Rigau e Joana Ortega, así como ex presidente da Generalitat Artur Mas, que van ser xulgados por cumprir un mandato das urnas e por convocar unha consulta ao pobo catalán”, criticou a dirixente do Bloque.
Pontón considera que estamos “ante un xuízo vergoñento para as persoas que defendemos a democracia”, e é tamén “unha mostra máis da incapacidade do Estado español para aceptar a democracia e o dereito a decidir. É unha mostra máis do esgotamento do réxime do 78”, concluíu.