O Consello Nacional do BNG achégalle unha carta en solidariedade e apoio a Carme Forcadell, presidenta do Parlament de Catalunya, diante do acoso que está a sufrir por parte do goberno español, que utiliza unha vez máis o aparello da xustiza para ir en contra decisión firme do pobo catalán de decidir o seu propio futuro.
Nesta carta o Consello Nacional do BNG salienta que Galiza e Catalunya son pobos que transitan un camiño que antes ou despois levará a acadar a soberanía.