A portavoz nacional, Ana Pontón, trasladou todo o apoio do BNG aos traballadores e traballadoras da Xustiza “que se están en folga xeral e porque a chulería e a prepotencia do PP están enquistando as reclamacións deste colectivo, que o único que pretende é eliminar as discriminacións salariais que soporta e ter unha Xustiza máis áxil que atenda as necesidades deste país”.
Pontón, -quen xunto co deputado portavoz de Xustiza no Parlamento, Luís Bará-, encabezaron a representación do BNG na manifestación en Compostela, reclamou da Xunta “que se se sente a negociar”, e considera que os representantes do Goberno de Feixóo na mesa de negociación “están taponando unha saída”. “É preciso que a Xunta volva a mesa de negociación no seno do Consello Galego de Relacións Laborais e, sobre todo, é necesario que abandone a chulería e a prepotencia que están enquistando este conflito”.
A dirixente do Bloque salientou que ninguén fai folga “por deporte”, dixo, sobre unha mobilización que vai contra as discriminacións e contra os recorte no sector da Xustiza. “Se acabou a crise teñen que acabar os recortes, e Feixóo e o PP teñen que dar unha solución a un problema que ten paralizada a Xustiza, un servizo moi importante na vida das persoas”, salientou. “Polo tanto, pido ao presidente da Xunta menos chulería e que aporte unha solución”, concluíu.