Parlamento Europeo

Ana Miranda critica a resolución do Supremo que impide a Junqueras tomar posesión como eurodeputado

ALE
ALE
O BNG considera “inaceptable” que non acate a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, critica que o Tribunal Supremo rexeite suspender a decisión da Xunta Electoral Central (XEC) que impediu que Oriol Junqueras asumir o seu escano como eurodeputado. “É inaceptable que o Supremo non asuma a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea”, subliña, en tanto que esa sentenza considera que “unha persoa elixida ao Parlamento Europeo adquire a condición de membro de dita institución desde a proclamación oficial dos resultados e ten desde ese momento das inmunidades aparelladas a tal condición.

“Esta decisión do Supremo pon de manifesto a grave situación de carencia de valores democráticos pola que atravesan algunhas institucións do Estado español”, afirma Ana Miranda, quen sinala ademais que “deste xeito se vulneran gravemente os dereitos de Junqueras”, que resultou elixido eurodeputado nas pasadas eleccións europeas do 26 de maio como cabeza de lista da coalición coa que se presentou o BNG, Agora Repúblicas, “ao non poder asistir á sesión plenaria da vindeira semana”.

Por outro lado, a portavoz do Bloque en Europa critica igualmente que o Supremo decidiran sobre a medida cautelar solicitada pero sen analizar se o acordo da Xunta Electoral Central se axusta a dereito. “Como é posible que tomen unha decisión sen estudar previamente se é legal a medida que orixina esta petición?”, pregúntase.

Como resposta a esta situación, Ana Miranda anuncia diversas accións de protesta a próxima semana en Estrasburgo “por manter preso a un eurodeputado en exercicio e vicepresidente do grupo Verdes-ALE da Eurocámara”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG