O Xulgado do Contencioso Administrativo 2 de Ourense desestimou o recurso que presentou a diócese de Ourense no que pedía que se anulase un acordo do Goberno municipal de Allariz, polo que se lle pasaba unha serie de recibos para o pagamento do Imposto de Bens Inmobles (IBI). Esta sentenza non se pode apelar. O fallo xudicial foi recibido con satisfacción no Concello de Allariz cuxo alcalde, o nacionalista Francisco García Suárez, afirmou que «Crea un precedente».
Non aportou máis detalles, porque asegurou que quere explicar a sentenza con detalle no pleno desta tarde.
En xuño do ano pasado, a diócesis interpuxo un recurso contencioso administrativo contra a decisión do Goberno alaricano. E é que no pleno celebrado en decembro do ano 2011, esta corporación local desestimou unha reclamación que presentara a Igrexa de Ourense, na cal solicitábase que non se lle pasasen ao cobro varios recibos de IBI.
Desde o obispado facíase saber que o acordo municipal non se axustaba á legalidade, insistindo en que a diócese é unha entidade sen ánimo de lucro e que xa que logo, segundo a lei, está exenta de aboar o citado imposto. Tras revisar os supostos nos que a Igrexa católica no Estado español está exenta de pagar o IBI, o xuíz dá a razón ao Concello de Allariz ao dicir que os bens sobre os que quere cobrar o IBI á Igrexa non se achan entre os que merecen a categoría de exentos. Trátase de bens urbanos dos que o alcalde indicou que o que poden recaudar por eles é «unha cantidade mínima».
Por parte diocesana presentouse ao xuíz, no recurso agora desestimado, documentación solicitada pola Conferencia Episcopal á Dirección Xeral de Tributos, pero esa documentación non pode ser tida en conta por ningún xuíz. Caso distinto son os concellos, xa que si deben ter presente as consultas da mencionada dirección xeral en asuntos de tributos. Nestes casos do cobro do IBI á Igrexa católica, as mesmas fontes xudiciais aconsellan, ante as distintas resolucións dictadas e que son contradictorias, que se traballe para unificar a xurisprudencia. A sentenza de Allariz é unha das poucas, ou polo menos a primeira coñecida, nas que non se lle deu a razón á Igrexa.