A deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, interviu esta mañá no Pleno do Congreso para explicar o rexeitamento do BNG aos Orzamentos do Estado 2013.
Davila afirmou que vostés sacrifican ás persoas para salvar á banca. Deciden salvar aos verdugos para arruinar ás vítimas. Censurou que o proxecto de Orzamentos non contemple as exixencias que traerá o inminente resgate. Por certo, vai haber resgate? Vostés marean a perdiz e crean unha inseguridade que non é positiva.
Reprochou que só adiquen esforzos ao cumprimento do défice, e antepoñen o obxectivo de défice á creación de emprego. Só saben facer recortes en política social. Obvian a sanidade, a educación e o emprego. Agudizan a crise e afogan financeiramente ás CC.AA que son as que asumen o gasto en sanidade, educación e dependencia, o cal é un ataque frontal ao Estado de Benestar.
Deciden baixar salarios e facer recortes
Davila acusou ao Goberno do PP de que os intereses da débeda lastran todo o orzamento. Mentras o BCE en lugar de ser prestamista dos estados só alimenta o ataque dos especuladores. Vostés, Señor Ministro, avalian iso. Ademáis, subliñou que o resgate financeiro é o que leva ao forte medre da débeda. Antepoñen os intereses da banca aos das persoas porque o défice non é a consecuencia do gasto social senón da banca.
A deputada do BNG contrastou a importante reducción que os Orzamentos practican en Ministerios como o de Educación (un 17% menos), en Sanidade e Igualdade (un 22% menos) coa apenas reducción en Defensa ou Interior ou a Casa Real que só baixa un 4%. Lembrou a conxelación dos salarios dos empregados públicos, a merma do seu poder adquisitivo, e puxo de manifesto que a suba do 1% das pensións non leva á súa revalorización. Resposte Señor Ministro, van revalorizar as pensións.
Criticou o descenso de investimentos en I+D+I e lembrou o manifesto de 45.000 Premios Nóbel que alertaron dos graves recortes en Innovación. Só con innovación habería avantaxe competitiva pero vostés prefiren baixar salarios e facer recortes tamén en áreas productivas como o agro ou a industria.
A deputada do BNG dirixiuse ao Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, para reprocharlle uns Orzamentos que nada cambian o panorama. Como vostés mesmos recoñeceron, non sirven para saír da crise e haberá máis recesión e máis paro. Nese sentido, puxo de manifesto as previsións macroeconómicas do FMI que aínda baixa máis as previsións fronte ao que vostés din. Aí están as trampas do proxecto de Orzamentos, as súas previsións macro son irreais.
TEMA AVE E DEFENSA DE GALIZA:
A deputada do BNG criticou o artificio orzamentario que o Goberno practica cos investimentos para Galiza. Vostés fan un artificio financeiro co AVE galego, unha dotación anormalmente elevada, non detallada.
Davila dirixiuse aos escanos de ERC e CIU polas críticas que verteron ao AVE a Galiza e lles dixo: Con cariño, aproveito para dicerlle aos meus compañeiros de ERC e CIU que entendemos as súas reivindicacións para as súas nacións, pero nós non imos deixar de defender os nosos dereitos como galegos e galegas, temos tanto dereito como vostés. Ademáis, non tomen a Galiza como se fosemos os culpábeis de non ter as súas necesidades cubertas, é Galiza que non as ten cubertas.
http://youtu.be/xKe3cPS1iwk