Solidariedade do BNG con Laura Bugalho, activista social en defensa das persoas inmigrantes

A formación nacionalista require o arquivo da causa

fontiñasMembros do BNG participaron na concentración de apoio a Laura Bugalho, activista social en defensa dos intereses e liberdades das persoas estranxeiras e das persoas LGBT, que está inmersa nun proceso xudicial tras varias denuncias por suposta estafa, explotación e mafia de trata de inmigrantes. En concreto, a formación nacionalista require o arquivo da causa.

A última denuncia que Laura Bugalho acompañou deu en destapar o entramado de estafa chamado ”Operación Peregrino”, na que 57 inmigrantes marroquís foron estafados na cantidade de 10.000 euros para obter residencia no Estado español.

Membros do BNG que secundaron a mobilización -entre os que se atopaban Goretti Sanmartín, Rubén Cela, Olalla Rodil e Ana Miranda- expresáronlle a solidariedade en nome da organización nacionalista.

DSC_0007

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG