Solidariedade do BNG cos estudantes de Ourense denunciados pola Consellaría de Educación

Guillerme afirmou que “para o BNG non é de recibo a posición que acaba de adoptar a Consellaría de Educación nada menos que levando ao xulgado a estudantes que se mobilizaban en Ourense contra os recortes e a favor de manter o ensino público”. Entre eles había mozas e mozos de Galiza Nova.

“Para o BNG non é de recibo -subliñou- que o PP insista en criminalizar a quen protestas contra os recortes, a quen defende os dereitos inalienábeis, ao tempo que non mostra esa intensidade en levar aos xulgados precisamente aos banqueiros que un tras outro acaban por arruinar á maioría da sociedade”.

Por iso, Guillerme asegurou que “a Consellaría de Educación debe reconsiderar esa posición e retirar esa denuncia inmediatamente”.

http://youtu.be/YfNzSUzPq6k

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG