O deputado do BNG, Daniel Rodas afirmou que en ningún momento os participantes do proxecto público CERNES financiado ao cen por cen para plantación de oliveran foron informados da modificación pola que deben pagar facturas por 7.135 euros
O parlamentaria do BNG, Daniel Rodas preguntou hoxe á Xunta quen vai a asumir o prexuízo causado ao participantes do proxecto CERNES, dependente dos fondos FEDER, para a plantación de oliveiras, tras recibir a notificación para sufragar nun 30% máis de plantacións fora dos terreos e a conta dos participantes. Facturas dixo, que chegan aos 7.135 euros.
O parlamentario explicou que dentro das liñas da consellería de Medio Rural inclúese o proxecto CERNES con investimentos do programa cooperativo 2007-2013 para desenvolver diversos cultivos alternativos no ámbito transfronteirizo Galiza-Norte de Portugal. Para acollerse a estes investimentos, engadiu, a Asociación para o desenvolvemento do Val do Ulla era a entidade máis adecuada para canalizalos co fin de desenvolver unha plantación de oliveiras.
Os participantes só tiñan que poñer os terreos necesarios e garantir o mantemento das plantacións durante mínimo cinco anos, un proxecto financiado ao cen por cen cun investimento total de 1.220.000 euros dos que o 75% foi financiado polo FEDER e o resto pola Xunta. Os participantes no proxecto denunciaron, entre outras irregularidades, que non se levaron a cabo os traballos previstos e que unha parte das plantas morrían sen que ninguén as repuxera e mesmo comprobando que algunhas estaban enfermas ou non reunían as condicións fitosanitarias esixidas. Pero o maior problema, dixo, produciuse cando os participantes no proxecto recibiron facturas para sufragar o 30%, facturas que ascenden a 7.135 eruos. Segundo os afectados non existe ningún acordo para facerse cargo de tal financiamento.
O parlamentario reiterou que o proxecto CERNES foi financiado por cartos públicos na súa totalidade polo que preguntou cal é o motivo que levou á Xunta a reclamar o 30% aos propietarios e como é posible que no expediente non exista ningunha documentación que acredite que a Asociación ADIVUPAR teña a obriga de sufragar esa cantidade.
A Xunta confirma a obriga dos agricultores a asumir o 30% de novas plantacións
Pola súa parte, o director xeral de Política Forestal, Tomás Couto respondeu ao deputado que existiron problemas iniciais para a posta en marcha dos cultivos provocados polas primaveras secas e outonos moi húmidos con importantes danos nas oliveiras pero dende a Consellería seguimos apoiando aos agricultores no proxecto repoñendo as plantas afectadas. Tomás Couto confirmou que existe un acordo con ADIVUPAR para que os participantes incrementaran as plantacións nun 30% para manter o mantemento das explotacións.