O deputado do BNG, Francisco Jorquera propuxo modificar a normativa para recuperar os bens do patrimonio histórico- artístico ou ambiental do Ministerio de Defensa en desuso existentes en Galiza
O parlamentario do BNG, Francisco Jorquera defendeu hoxe unha Proposición non de lei na comisións de Ordenación do Territorio destinada a demandar do Goberno central cambios legais que permitan recuperar para uso civil bens do patrimonio do Ministerio de Defensa de Interese hitórico-artístico, ambiental ou en desuso existentes actualmente en Galiza.
O grupo maioritario do Partido popular rexeitou a iniciativa do BNG por considerar que a cesión dos bens, como aconteceu en Ferrol, deben rexerse a través de acordos entre os concello e o Ministerio de Defensa ao que o parlamentario do BNG replicou que eses acordos están condicionados a compensacións económicas e por iso ningún deles chegou a facerse efectivo.
O nacionalista preguntou ao portavoz popular, Miguel Tellado se consideraba adecuado que un concello como o de Ferrol tivera que aboar 400.000 euros mentres os bens de defensa con uso militar non tributan e se benefician dos servizos municipais.
Jorquera reiterou que a normativa debe ser modificada para non condicionar aos concellos a pagar pola cesión de bens patrimoniais de Defensa e lembrou que no último pleno, o BNG preguntou ao goberno galego sobre a súa posición ante intención do Ministerio de Defensa de sometera a poxa tres parcelas do Campo da Estrada da Coruña. parcelas de trinta mil metros cadrados polas que pretende ingresar 25M e non é a primeira vez que Defensa actúa como unha auténtica inmobiliaria dedicada a especulación urbanística nesta cidade.
Na súa resposta a aquela pregunta, o vicepresidente afirmou que é imposible a cesión gratuíta das propiedades do Ministerio de Defensa e iso, dixo o deputado do BNG, é o que queremos corrixir polo que anunciou a presentación na Cámara dunha Proposición de lei nesta mesma liña.
O deputado lamentou que o Partido popular votando en contra da iniciativa nacionalista, unha vez máis, defenda antes os intereses do Ministerio de Defensa que os dos galegos e galegas.