O deputado, Daniel Rodas defendeu unha Proposición non de lei instando Á Xunta a reclamar ante o Ministerio a restitución das condicións iniciais do Acordo Pesqueiro con Portugal que garantía condición de igualdade para as flotas de arrastre lusa e galega
O deputado do BNG, Daniel Rodas lamentou hoxe o voto do Partido popular que impediu que prosperara a Proposición non de lei nacionalista para restituír o Acordo Pesqueiro con Portugal que garantía que as flotas lusa e galega de arrastre faenaran en condicións de igualdade.
O deputado non aceptou unha emenda do Partido popular que propuña continuar as xestión porque, dixo, vostedes xa levan ano e medio de xestións, e a día de hoxe, seguimos exactamente igual.
Rodas explicou que na actualidade a flota galega de arrastre vese sometida a condicións de discriminación no descanso semanal e mentres os nosos barcos saen a faenar, os barcos portugueses ocupan os nosos mercados, utilizan artes ilegais e cotas que prexudican á viabilidade da flota galega.
Nestes últimos seis anos, explicou, solicitáronse máis de 700 embarcacións para despezamento, 107 desguazadas cun financiamento de máis de 90 millóns de euros e as tripulacións máis cualificadas vénse obrigadas a traballar na flota lusa ante as mellores condicións económicas e de posibilidades de pesca. Para o deputado, a xestión do Goberno galego escenificase nas 17 embarcacións lusas mercadas por armadores galegos, 11 con porto base en Muros, 3 en Marín, 2 en Burela e 1 e Ribeira, como única posibilidade para seguir mantendo a actividade.
O deputado criticou o desleixo do Goberno galego na defensa dun sector pesqueiro abocado, día a día á expulsión da actividade e ao despezamento, concluíu.