O deputado do BNG, Francisco Jorquera reclamou medidas e financiar as obras necesarias , dende Augas de Galiza, para evitar desastres como o vivido o pasado 30 de marzo pola riada en Sada
O parlamentaria do BNG, Francisco Jorquera defendeu hoxe, a través dunha proposición non de lei, decretar unha convocatoria de axudas ás persoas afectadas pola riada de Sada. Asemade, o nacionalista reclamou tomar as medias oportunas e financiar as obras necesarias, dende Augas de Galiza para evitar desastres como o vivido o pasado 30 de marzo pola riada de Sada.
O parlamentario afirmou que as riadas arruinaron negocios, propiedades e proxectos de vida , comercios pechados que nalgún caso non poderán abrir, zonas do casco urbano gravemente danadas con perdidas económicas millonarias por algo, dixo, que non foi froito dun fenómeno meteorolóxico inusual nin tampouco dun erro de predición. O acontecido, recalcou, é produto dun modelo urbanístico salvase tapando ríos para convertelos en rúas.
Non é casualidade engadiu o nacionalista que a zona máis afectada teña nomes como : Rúa da Lagoa, Sadadarea, Rúa da Braña, As Brañas ou Cantalarana, pero ademais, os riscos provocados por ese urbanismo brutal hai que engadir outros factores como os erros de predición, Sada non está incluída no mapa de zonas inundables.
O parlamentario lembrou que o pleno da corporación de Sada solicitou por unanimidade declarar zona catastrófica e solicitar da Xunta tres actuacións prioritarias: revisar o funcionamento da depuradora do Polígono de Bergondo, levantar a rúa Venezuela e todos os entronques coa saída das Brañas e o río Maior co fin de facer un novo caixón que permita a circulación de máis caudal e construír un tanque de tormentas nalgunha zona do paseo marítimo de Sada.
Pola súa parte, a portavoz popular Gonzalo Trenor afirmou que a Xunta xa mostrou a súa vontade de mellorar o saneamento previa avaliación dos danos ao que o deputado do BNG replicou que polo momento, a Xunta limitouse a enviar unha carta na que se amosa colaboración na reparación das estruturas de carácter municipal dos danos producidos por fenómenos meteorolóxicos adversos pero de axudas aos afectados e afectadas, absolutamente nada.
O que vostede nos di, recalcou o nacionalista, é que de axudas nada e outras accións seguen pendentes de estudos técnicos. Coa posición que vostedes están verbalizando de darlle as costas a veciñanza de Sada serán xulgados con máis rigor. O deputado pediu a votación por puntos da iniciativa para evidenciar que o Partido popular vota en contra das axudas, e tamén vota en contra das actuacións que competen a Augas de Galiza.