O PP non se compromete co impulso Termal en Ourense

Tereixa Paz pide executar o Plan Termal de Ourense asinado por Feijóo e Baltar en Novembro do 2014 cun investimento de 166 millóns de euros

Tereixa Paz

A deputada do BNG,Tereixa Paz defendeu hoxe na comisión de Comercio e Turismo reformular o Plan termal de Galiza coa Deputación de Ourense e resto de concellos con potencial termal co fin de elaborar proxectos viábeis, social e economicamente e elaborar un convenio no que figuren os investimentos públicos de cada administración con actuacións concretas

A nacionalista criticou “a pompa e boato” do acto de sinatura do Plan Termal entre Feijóo e Baltar ao que non foi convidado o concello de Ourense, acto dixo, no que tamén foi anunciado un investimento de 166 millóns de euros para desenvolver o termalismo en Ourense.

As sospeitas do BNG sobre o Plan Termal, dixo a nacionalista, foron confirmadas polos propios orzamentos da Xunta para o ano 2015 nos que non figuraban cantidades específicas para a súa execución e engadiu que a propia titular da Axencia de Turismo, en resposta a preguntas formuladas polo BNG, “recoñeceu que ningún dos cinco eixos do Plan contaría con financiamento público”, agás algunha actuación de tipo formativo a cargo da Consellería de Educación. O único investimento da Xunta de Galiza vinculado co Plan termal con financiamento público,denunciou a parlamentaria nacionalista é a “conversión do Castelo de Monterrei nun parador de luxo que será regalado a Paradores de Turismo”.

Tereixa Paz reiterou que tampouco ningunha das outras actuacións contarán con financiamento público. As previsións sobre o Termal Center Healt Ourense, o centro de Congresos, a conversión do Balneario Caldeliñas ou Cabreiroá, os Xardíns de Ourense ou antiga cadea tampouco serán financiadas por fondos públicos como recoñeceu en comisión parlamentaria a Directora da Axencia de Turismo, Nava Castro.

Tereixa Paz reclamou un compromiso real das administracións co termalismo en Ourense polo que pediu á Xunta que cumpra os seus compromisos e que os anexos do Plan Termal conten con orzamentos necesarios e “non só con cinco millóns para investir nas obras do Castelo de Monterrei” concluíu.

O PP rexeitou a iniciativa defendida pola deputada do BNG.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG