A deputada do BNG, Monte Prado formulou unha pregunta o director xeral da CRTVG relativa ao apoio do sector cinematográfico e audiovisual por parte da Televisión de Galiza nos últimos catro anos
A parlamentaria do BNG, Montse Prado formulou hoxe, en comisión, unha pregunta o director xeral dea CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo relativa ao apoio do sector cinematográfico e audiovisual por parte doa Televisión de Galiza nos últimos catro anos.
Na súa intervención cualificou de ratería o investimento no audiovisual galego ante as cantidades aparecidas no informe de xestión, 590.000 euros, mentres a Televisión pública española aplica o 6% ao montante total de ingresos ao igual que a Televisión vasca que evidencian importantes cantidades de recursos. O sector audiovisual galego, manifestou a nacionalista, xera un grande número de postos de traballo e supón unha referencia así como a posibilidade de reflectir unha realidade galega, plural e diversa.
Con vostede ao fronte da Televisión galega comprobamos como fomenta un audiovisual Low cost baseado no entretemento. O modelo de audiovisual defendido pola televisión galega é o do baixo prezo provocando que Galiza compita con baixos salarios pero non en calidade nin en produto referencial. No sector, engadiu, non poden competir por traballo nin por calidade nin presentar proxectos porque o ente público busca unha produción barata e que non exprese outros puntos de vista obrigando ao sector a presentar proxecto chavacanos e non documentais sobre a historia de Galiza ou a memoria histórica ou a situación sociolaboral, análise dos sectores produtivos, temáticas medioambientais, porque na diso interesa.
A deputada recalcou que 590.000 euros aparecidos no informe de xestión confirman o escaso interese pola produción independente e deixa o audiovisual desprotexido e desamparado. A parlamentaria concluíu acusando a xestión de Sánchez Izquierdo de penosa, calamitosa e auténtica emerxencia e emprazouno a rectificar para que a Televisión galega sexa o motor do audiovisual en Galiza e dedique a cantidade necesaria sobre o total dos ingresos. Destinar cinco millóns de euros, serían ao seu xuízo, unha cantidade mínima para reactivar o audiovisual galego.