CAS- INTERNACIONAL pide que o Parlamento vote a favor da inciativa do BNG para abolir as touradas

A deputada nacionalista, Ana Pontón defenderá a vindeira semana modificar a lei de protección de animais e erradicar as touradas en Galiza

O director de “Cas-Internacional, Marius Kolff remite unha carta aos grupos parlamentarios solicitando o apoio á Proposición de lei do BNG contra os festexos taurinos.

Os deputad@s do BNG-AGE-PsdeG, Ana Pontón, Ramón Vázquez e Patricia Vilán compareceron hoxe ante os medios de comunicación acompañados do director da entidade antitaurina, Cas-Internacional, Marius Kolff.

Ante o debate parlamentario da proposición de lei do BNG, a vindeira semana, para a modificar a lei de protección de animais domésticos e salvaxes en cautividade e co fin de erradicar as touradas, o director de Cas-Internacional, Marius Kolff anunciou que a entidade antitaurina remitiu unha carta a todos os grupos con representación parlamentaria solicitando o apoio á iniciativa nacionalista.

Kolff explicou que a entidade que representante naceu co espírito de convencer á cidadanía holandesa a non participar nas festas taurinas contando na actualidade co aval de máis de 56 organizacións en todo o mundo e avalada por setenta millóns de socios e simpatizantes.

Na carta enviada aos deputad@s, Cas-Internacinal pide que Galiza se converta nunha comunidade “moderna e responsable” e voten a favor da iniciativa do BNG para que os animais teñan un mellor trato.

Os tempos modernos requiren lexislación actualizada e todos e todas sabemos que os animais son “seres sentintes” que poden sufrir como os seres humanos, afirmou Kolff.

Asemade, engadiu que a iniciativa nacionalista vai no camiño de “abolir as corridas de touros” como piden ao redor de 70 millóns de socios e simpatizantes de Cas-Internacional.

Pola súa parte, Rubén Pérez Sueiras, representante da Asociación Animalista “LIBERA”, afirmou que as enquisas en Galiza revelan que o 85% da poboación maniféstanse en contra das touradas así como a utilización de fondos públicos nestes eventos festivos.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG