Francisco Jorquera lembrou que José María Castellano afirmou nunha entrevista na TVG que se o Estado agardara tres ou catro anos máis podería ter recuperado os fondos públicos empregados para o saneamento da entidade
O parlamentario do BNG, Francisco Jorquera reclamou hoxe na Comisión de Economía que se faga pública a información sobre o custe real para o erario público trala venda anticipada de Novagalicia Banco.
Pasados tres anos, dende a privatización de Novagalicia Banco, Bankia aínda non se vendeu e segue sendo un banco público e os datos demostran que a venda de Novagalicia Banco foi unha venda a perdas, non só non se recuperou nada do diñeiro para o seu saneamento senón que, a efectos prácticos, se pagou para que un operador privado se fixera cargo, afirmou o deputado.
O prezo oficial da venda no ano 2013, explicou Jorquera, foi de 1.003 M cunhas garantías a favor do comprador moi superiores ao prezo da venda e froito diso, no primeiro exercicio de ABANCA superou o prezo da venda. Esta operación supuxo perder para o contribuínte 10.000 M nun proceso de venda acelerada. E agora
resulta que o fora presidente de Novagalicia Banco, José María Castellano, afirma que se en vez de privatizar a entidade financeira , se tivese agardado tres ou cator anos máis, o Estado podería recuperar o diñeiro destinado ao seu saneamento contradicindo a tese oficial da Xunta que sempre xustificou a venda anticipada como mellor opción.
Jorquera volveu reclamar que se faga pública a información sobre a venda de Novagalicia Banco e denunciou que a comisión de investigación das caixas segue en paradoiro descoñecido.
A iniciativa do BNG para coñecer o custe real da venda de Novagalicia Banco contou co apoio dos grupos da oposición pero foi tombada polo grupo maioritario do Partido popular.