Este control afirmou, parecese cada vez máis a un Gran hermano que todo o ve e vixía
Tras a comparecencia do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Irquierdo na que defendeu as norma que impide introducir aparatos electrónicos nas instalacións do ente público e o vestiario, a deputada do BNG, Montse Prado acusou a dirección da CRTVG de aplicar un control exacerbado aos traballadores/as e preguntou se a norma obedece ao temor de que rouben a formula de Luar ou Pratos combinados para pasala á competencia.
A nacionalista tamén censurou que a CRTVG poña baixo sospeita permanente aos traballadores, como un gran hermano que todo o ve e controla porque crea unha auténtica psicose entre os empregad@s.
Prado reclamou poñer fin a ese estado parapolicial e a manipulación e impunidade da dirección que non ten límite.
A deputada acusou a Sánchez Izquierdo de tentar culpabilizar aos traballadores poñendo o foco no mal uso dos sistemas para desviar a atención do verdadeiro problema, o control e manipulación dende o ano 2009, coa chegada de Núñez Feijóo ao Goberno galego e á CRTVG, a partir dese momento, dixo, a presión sobre os traballadores resulta insufríbel pero afortunadamente hai traballadores e traballadoras que se atreven a vencer o medo.
No BNG, manifestou, temos o convencemento que esas normativas conculcan varios dereitos dos traballador@s polo que lle pedimos rectificar e que elimine as dúas normativas relativas á vestimenta e aparellos electrónicos e dialogue co persoal, porque de seguir así xa non sabemos o que vai pasar, que será o seguinte cachealos a entrada e a saída por se levan agochada algunha formula segreda da TVG?. Os traballadores teñen medo e séntense vixiados, concluíu.