parlamento galego

O PP rexeita a proposta do BNG para deixar sen efecto os despedimentos do Grupo Cándido Hermida

Mon Fernández
Mon Fernández
Mon Fernández afirma que os despidos responden a “represalias” contra persoas significadas na defensa dos dereitos laborais e pide a súa “inmediata reincorporación”  

O deputado do BNG, Mon Fernández defendeu unha proposición non de lei, na comisión de Industria urxindo ao goberno a “iniciar as acción necesarias para deixar sen efecto os despedimentos no Grupo Cándido Hermida”, unha das grandes empresas da comarca de Ferrol con 500 traballadores e traballadoras distribuídas en diferentes centros de traballo.

A proposta do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.

Na súa intervención, o  deputado do BNG lembrou que o grupo empresarial comezou como unha pequena carpintería de madeira, na parroquia de Loira en Valdoviño, e foi medrando, grazas a  expansión de INDITEX, facendo mobiliario e montaxe de tendas.

A empresa ampliou  a oferta de produtos e traballos, así como a carteira de clientes como: CAROLINA HERRERA, LOEWE, GUESS ou BIMBA E LOLA, e introducíndose na construción naval con  NAVANTIA, BARRERAS, ESTALEIROS STX na FRANZA, ou MEYER na ALEMAÑA, especializados na construción de cruceiros e  no mercado dos hoteis, con clientes como NH.

En febreiro do 2020, a empresa iniciou un proceso para implantar un sistema de distribución irregular da xornada e “o exceso de horas de traballo e a falta de descanso foron  unha constante ” ao que sumou  “unha  política de contratación desmedido  de persoal de ETTs e de persoal eventual, un persoal que habitualmente superaba os dous anos”. As condicións laborais, recalcou   traspasaban os límites da legalidade o que provocou unha grande contestación por parte do persoal.

 Como aconteceu con outras empresas durante a pandemia, o grupo Cándido Hermida  foi reanudando a súa actividade, “chamando a unhas persoas  para traballar e a outras  enviándoas de novo ao desemprego”.

Esta unilateralidade da empresa, foise perpetuando coas sucesivas prórrogas dos decretos e o nivel de descontento foi medrando entre o persoal, que ademais foi sometido “á tensión dunhas negociacións absurdas”, para  dotar á empresa dun ERTE pactado para o momento en que os ERTES, por forza maior, decaeran. Os ERTES por forza maior foron prorrogándose de maneira que os outros, “os pactados” non chegaron a aplicarse en ningún momento. 

En xaneiro de este ano o grupo recuperaba a todo o persoal e acomete o proceso de reordenación das sociedades. O día 7 de abril o sindicato CIG preavisa  de eleccións sindicais nunha das  sociedades do grupo e  o día 14 prodúcese o primeiro dos despedimentos, algún na propia INAVAL e a  maioría, 9 de 24, no centro de traballo de LOIRA INTER, do sector da carpintaría, o máis grande do grupo.

Despedimentos por represalias e vulneración dos dereitos laborais

 “A maior parte das persoas despedidas foron ás máis destacadas nas  asembleas e protestas como  resposta ao intento de implantar a xornada irregular en febreiro do 2020, e despois, durante os procesos de negociación dos  ERTES que, finalmente, non chegarían a aplicarse”, denunciou o deputado.

Ninguén na empresa, afirmou Mon Fernández dubida que os despedimentos obedecen “a represalias” da empresa e a vulneración flagrante de dereitos fundamentais do persoal, entre eles á liberdade sindical pero sobre todo, “a organizarse, manifestarse, expresarse con liberdade, e defender os seus lexítimos intereses”.  En opinión do deputado, trátase dun ataque  que esixe que  goberno da Xunta, con competencias na materia, inicie   medidas inmediatas” para deixar  sen efecto os despedimentos.

O deputado nacionalista lamentou que, unha vez máis, o Partido Popular votara en contra dunha proposta para defender aos traballadores e, unha vez máis, o PP se coloque ao lado das empresas que despiden e vulneran os dereitos laborais. 
 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG