O portavoz de Medio Ambiente do BNG, Luís Bará lamentou que, unha vez máis, “o veto” do Partido popular para crear unha comisión de investigación sobre a política eólica do goberno nos últimos 12 anos, contestada nos tribunais con numerosas sentenzas de anulación de parques eólicos, a investigación da Fiscalía pola condonación de 11,7 M€ a Greenalia por parte da Xunta e a denegación da documentación reclamada polo BNG, dende hai dous meses.
Para o deputado, a negativa do PP a entregar a documentación sobre os proxectos industriais e o seu incumprimento no concurso eólico do ano 2010, representa unha “vulneración dos dereitos parlamentarios” e avanzou que o “BNG irá a buscala á Xunta” se o PP persiste en non entregala.
Na súa intervención, o nacionalista denunciou “o cúmulo de irregularidades” en numerosos proxectos así como a suspensión cautelares doutros proxectos en tramitación polo goberno do PP. Ao seu xuízo, todos estes feitos “son moi graves” entre os que salientou o “incumprimento dos compromisos do concurso eólico do 2010”, anunciado como o maior plan da historia de Galiza, con 6.000 M€ de investimento e 12.000 postos de traballo “que non se cumpriron”, afirmou.
Ademais, tamén se referiu ao “agasallo” da Xunta á empresa Greenalia por valor de 11,7 M€ perdoándolle a débeda con cartos públicos polo incumprimento do desenvolvendo de plans industriais e as cantidades e monetarización a outras empresas adxudicatarias que poden ascender a 1.600 millóns de euros, “do que nada sabemos”.
O PP continúa ao servizo das grande empresas eléctricas
O parlamentario do BNG criticou o “escurantismo e falta de transparencia” do Goberno do PP e acusouno de actuar “ ao servizo dos intereses das grandes empresas eléctricas”. Nesta liña, lembrou que a Xunta “negouse a entregar a documentación solicitada polo grupo parlamentario do BNG e negouse tamén a responder en sede parlamentaria, preguntas en comisións e preguntas en Pleno” de aí, dixo o nacionalsita que dende o BNG solicitemos unha comisión de investigación para “poder acceder a toda información, coñecer a verdade e poñer luz e taquígrafos sobre unhas actuacións rodeadas de irregularidades”.
Tras a intervención da portavoz popular, Marta Nóvoa Iglesias que xustificou a política eólica do PP, o deputado Luís Bará explicou que a investigación da Fiscalía refírese ao caso Greenalia “unha pequena parte do montante da xestión do PP coas empresas eólicas” e o que queremos, “é o resto da documentación” sobre os expedientes individualizados, os plans industriais comprometidos coas empresas e monetarizacións do concurso eólico do 2010”. Que están ocultando? Porque non nos dan a documentación? A Que intereses protexen?
“Preparen a documentación, porque se non nola dan ímola buscar nós”. Poñan a traballar á xente a recompilar a documentación.
Vostedes, “son tan falsos e tramposos” e búrlanse tanto do Parlamento que hai dúas resolucións do debate de Política xeral do 2011-2012 para instar á Xunta elaborar un informe anual sobre o grado de cumprimento dos plans do concurso eólico, investimentos posto en marcha e traballadores a tempo completo ou equivalente. Resolución do ano 2012 que vostedes, enfatizou “tiraron ao lixo”, así é como tratan ao Parlamento.
Porqué seguen negando esta documentación dende o ano 2011 e porqué a seguen negando agora? Digan a verdade, votan en contra da comisión de investigación porque “protexen os intereses das empresas eléctricas, practican a ocultación, o escurantismo e o conchaveo” e deben escoller “ou voto a favor ou veto”.
A proposta do BNG, que contou co apoio do PSdG, foi rexeitada polo Partido popular.