A portavoz nacional, Ana Pontón, pídelle a Núñez Feixóo aclare se asiste á conferencia de Palma deste domingo en calidade de presidente da Xunta ou en calidade de candidato do PP, tendo en conta que está en plena xira electoral poñendo as súas ambicións políticas por diante de Galiza, nun momento en que a escalada de prezos está empobrecendo ás familias, á clase traballadora, as persoas autónomas e afogando ás empresas.
A subida dos prezos ten ós galegos e ás galegas ao límite,...pero Feijóo está de campaña para unhas eleccións ás que só se presenta el. pic.twitter.com/5jBBmUI2om
— Ana Pontón (@anaponton) March 12, 2022
“A pregunta que debe responder Feixóo é que papel vai xogar na conferencia de Palma, vai como presidente da Xunta ou vai como aspirante a presidir o PP? Porque da a impresión de que ese cumio é un mitin máis da súa campaña electoral por España utilizando Galiza como sala de espera até que se instale en Madrid”, indicou a líder do Bloque. “E debe tamén responder a outra pregunta: parécelle normal que coa que está caendo marche de xira electoral colocando ao Partido Popular por diante de Galiza. Desde logo, os galegos e as galegas non lle paguen para iso?”.
A líder nacionalista subliña que onte mesmo publicouse o dato de IPC cunha subida de prezos do 8% en Galiza, -superior á media estatal-, co prezo da luz, do gas, da gasolina, da cesta da compra disparado, o que está provocando un empobrecemento da clase traballadora e poñendo en serias dificultades a moitas pequenas e medianas empresas.
Durante doce anos alegou, “tivemos un presidente incapaz de dar solucións ós problemas do País e agora, por riba, imos ter un presidente ausente en plena crise. Os galegos e as galegas non se merecen esta falta de respecto”, conclúe.