Galegas 2024

Olalla Rodil visita a Casa da Fonte de Pantón, "un exemplo de que se pode emprender no rural de xeito sostible"

Pantón
Pantón

A candidata do BNG anunciou que  "o BNG traballará para poñer a xunta de Galiza ao servizo das persoas que apostan polo noso rural"

Rodil explicou que “o cambio de goberno na Xunta vaise xogar en Lugo entre o BNG e o PP, o 18 de febreiro podemos dar un xiro e facer que Galiza avance”

A cabeza de lista do BNG pola provincia de Lugo, Olalla Rodil, visitou a Casa da Fonte de Pantón, unha explotación gandeira que aposta por un modelo de producción e de consumo de proximidade. Olalla Rodil definiu esta empresa como "un exemplo de que é posible emprender no rural de xeito sostible", e anunciou que, a partir do 18 de febreiro "o BNG traballará desde o Goberno da Xunta de Galiza para facilitar o emprendemento no rural con proxectos innovadores como a Casa da Fonte, que apostan pola producción de derivados do leite e polo comercio de proximidade".

Rodil afirmou que se trata de "unha necesidade" mellorar a dotación de infraestruturas e servizos con especial énfase nas zonas rurais máis afastadas, moi especialmente nas provincias de Lugo e Ourense. A cabeza de lista do BNG por Lugo tamén estableceu como prioridade "un plan de mobilidade no rural,  con rutas e horarios suficientes para asistencia prioritaria no ámbito da educación, sanidade e servizos sociais".

Olalla Rodil sinalou que existen experiencias, como a Casa da Fonte, que acreditan a posibilidade de vivir dignamente e con futuro no rural galego “temos que ver como funcionan explotacións como a que visitamos hoxe para ver que é posible, pero dende o goberno hai que apoiar estas iniciativas e non continuar poñéndolles atrancos”. “Solo temos que ver proxectos que xa están en marcha, que son viables e convertelos en exemplo dun sistema produtivo moderno e de futuro para que moitas persoas poidan iniciar unha actividade profesional digna no rural” afirmou a canidata do BNG por Lugo.

“Poñer de novo en marcha o banco de terras será fundamental para as explotacións poidan contar coa superficie axeitada e poidan reducir os custos de produción evitando o afogamento financieiro ao que están sometidas” dixo Rodil que tamén apostou pola necesidade da transformación e a diversificación das producións agrogandeiras. A candidata por Lugo afirmou que “a partir do 8 de febreiro cambiaremos a maneira de facer políticas enfocadas ao noso rural” e engadiu que “o cambio de goberno na Xunta vaise xogar en Lugo entre o BNG e o PP, temos a oportunidade histórica de dar un xiro e facer que Galiza avance con Ana Pontón como primeira presidenta da Xunta de Galiza”.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG