Olalla Rodil, cabeza de lista do BNG por Lugo, mantivo unha xuntanza con productores de diversos sectores agrogandeiros no lugar de Neipín no concello de A Pontenova. Tamén estiveron presentes o candidato mariñán Daniel Castro, nùmero dous da lista, e diversos cargos orgánicos e institucionais do BNG. Rodil apuntou a necesidade de "dar axilidade, dende a administración, a todos os expedentes relacionados co medio rural e poñer os medios da Xunta ao servizo das persoas que os soliciten, non pode ser que o goberno da Xunta se converta nun enemigo do sector como ven sucedendo dende que o PP goberna na Xunta". Dende o sector productivo, representado na xuntanza, manifestouse o descontento polo xeito actual de xestionar as diferentes axudas e as idemnizacións derivadas de ataques por fauna salvaxe.
Rodil afirmou que se trata de "unha necesidade" mellorar a dotación de infraestruturas e servizos con especial énfase nas zonas rurais máis afastadas, moi especialmente nas provincias de Lugo e Ourense. Ademáis o BNG acredita na elaboración dun plan para avanzar de forma planificada no establecemento de redes de saneamento e abastecemento de auga nos núcleos rurais. A cabeza de lista do BNG por Lugo tamén estableceu como prioridade "un plan de mobilidade no rural, con rutas e horarios suficientes para asistencia prioritaria no ámbito da educación, sanidade e servizos sociais" e engadiu a necesidade da "recuperación de vivendas no rural e creación dun banco de vivendas, establecendo un marco de colaboración entre o IGV, os Grupos de Desenvolvemento Rural, a FEGAMP e as Deputacións Provinciais".
"Temos comprobado que as políticas emanadas de Bruxelas, e aplicadas nos distintos marcos agrarios estatais, polo Goberno do Estado, non deixan de ser somníferos placebos de desmantelamento dos nosos sectores produtivos" dixo Olalla Rodil e engadiu "tamén os efectos nocivos das décadas de políticas do Partido Popular, e que actualmente se centran en poñer os nosos recursos en mans de capital estranxeiro e de fondos de investimento, que están a acaparar recursos como a auga, os nosos montes e boa parte da Superficie Agraria Útil galega".