Parlamento Galego

Noa Presas a Rueda: “En materia de violencia de xénero hai que tomar máis medidas e abandonar o conformismo”

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas afea ao PP pactar con partidos que negan a violencia de xénero

Tras a comparecencia do conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda para informar das medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, a deputada BNG, Noa Presas salientou  que  “a política contra a violencia da Xunta de Galiza non nace nin remata no Pacto de Estado e destacou diversas eivas no ámbito xudicial, atencións ás vítimas, avances contra a violencia sexual e concesión de axudas”.

A parlamentaria do BNG afeou ao Partido popular polos seus pactos  con forzas que “negan a violencia de xénero e mesmo queren derrogar a lei”. Presas lamentou que o PP teña avanzado nos seus pactos con partidos abertamente “fascistas e negacionistas da violencia machista”.

A nacionalista afirmou que para o BNG a historia do Pacto de Estado contra a violencia resulta “decepciónante” e tras dous anos da súa aprobación non supuxo “un salto cualitativo nin cumpriu algúns dos obxectivos marcados”. Neste sentido, salientou que a Lei galega de violencia partía con vantaxe, “213 medidas do pacto xa estaban iniciadas en Galiza”, sen embargo non debemos, dixo, ser “conformistas” porque moitos  aspectos da lei estatal  son determinantes para as mulleres galegas, “das cinco vítimas mortais neste ano en Galiza, para o Estado só contan tres, unha inxustiza escandalosa”.

Noa Presas fixo fincapé nas catro medidas anunciadas polo propio Rueda o ano pasado entre as que figuraban investimentos reais. A Xunta  vai seguir facendo achegas  e  aumentalas? porque nos orzamentos “non aumentan significativamente”.

Por outra parte, a nacionalista reclamou máis contía para Galiza en función de   criterios de reparto de recursos económicos para as comunidades os baixos niveis de salarios e pensións medias das mulleres galegas.

Tamén  preguntou pola quenda de garda de atención psicolóxica, a ampliación dos xulgados, o plan de atención a menores e orfos, a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero, a Rede galega de acollemento, ou o programa de intervención terapéutica con mulleres que sofriron violencia sexual.

“En materia de violencia sexual é fundamental avanzar” e resulta imprescindible  necesario modificar a lei  e  elaborar un protocolo interdisciplinar de actuación ante “delitos de violencia sexual”.

Presas tamén aludiu ao Plan integral de acceso á vivenda con petición de fianzas abusivas polo que propuxo buscar un sistema para que a Xunta “faga de avalista”, nestes casos.

A deputada mostrou a súa preocupación polas vítimas de trata e a súa situación de alegalidade. Como mínimo, explicou debería ser como nas axudas, suficiente a autorización por circunstancias excepcionais ou buscar outra vía para garantir o dereito habitacional porque primeiro, remacou, son  “os dereitos humanos e despois os permisos de residencia”.

A nacionalista rematou a súa intervención apelando a ampliar o coñecemento sobre a violencia de xénero mesmo coa elaboracións dun estudo no medio ruaral. As universidades deberán contar cunha orde de axudas para financiar proxectos de investigación con perspectivas de xénero, dotar con maiores recursos os equipos psico-sociales para os xuíces e xuízas , realizar formación con cursos físicos e presenciais con persoal xudicial e policial así como reformar o Regulamento en marteria de puntos de encontro familiar.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG