Congreso

Néstor Rego defende as familias monomarentais ou monoparentais fronte ao modelo de familia tradicional de VOX

Néstor Rego
Néstor Rego
O deputado do BNG que Vox coa PNL sobre a familia está excluíndo todas aquelas persoas que non lles gustan como as parellas do mesmo sexo, mulleres e especialmente, as persoas que deciden ter fillos ou fillas elas soas, maioritariamente mulleres.

O deputado do BNG, Néstor Rego, ante a Proposición non de Lei presentada por Vox en defensa da familia tradicional, defendeu no Congreso que toda acción do Goberno en relación coa familia debe estar orientada a favorecer unha visión legal e social inclusiva e superadora do concepto tradicional de familia, que continúa a manter boa parte dos estereotipos patriarcais o arredor dun modelo preestabelecido.

Polo tanto, no camiño cara unha sociedade máis igual e superadora do patriarcado, é fundamental aproximar unha visión máis ampla das relacións sociais, que integre á diversa realidade de familias formadas por persoas de dous sexos, do mesmo sexo ou por unha única persoa e a súa descendencia.

Néstor Rego lembraba dende a tribuna á formación de ultradereita que “o problema demográfico non é biolóxico e nin sequera só cultural, senón fundamentalmente económico”. Dende o BNG demándase que se consideren ás familias monoparentais ou monomarentais, sexan estas en orixe por vontade propia ou por circunstancias sobrevindo, con dous fillos ou fillas, como familias numerosas. “Son precisamente as familias monomarentais as que sofren maiores dificultades económicas, de conciliación e maior risco de exclusión social” a vez que lles recordaba á formación de ultradereita que coa exaltación do estereotipo tradicional e patriarcal de familia, “están excluíndo a todos aqueles e aquelas que non lles gustan: parellas do mesmo sexo, mulleres e especialmente, as persoas que deciden ter fillos ou fillas elas soas, maioritariamente mulleres e por elo, case sempre invisibilizadas”.

Derrogación do prazo máximo previsto para a instrución

O BNG votou a favor da toma en consideración da Proposición de Lei  de Modificación da Lei de Axuizamento criminal “por entender que os prazos actuais non se adecúan á realidade dunha administración de xustiza limitada en medios”, argumentaba Néstor Rego e desacataba especialmente as causas complexas, coa consecuencia indexada en moitas ocasións de ter finalmente que arquivarse, o que pode derivar na impunidade das persoas procesadas, o que resulta especialmente grave en casos de corrupción.

Rego defendeu “que se debe actuar para evitar que isto siga sucedendo”, mais denuncia que a problemática non está só nin fundamentalmente nos tempos marcados, “senón na falta de medios materiais e humanos”. Con todo, o BNG sinalou que é tamén inadecuado suprimir todo tipo de prazo na medida en que tamén pode xerar inseguranza xurídica por procesos excesivamente prolongados. Por iso apostou por combinar un prazo adecuado e a mellora dos medios materiais e humanos da xustiza.
Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG