Montse Prado reta ao directo Xeral da CRTVG a demostrar que durante o seu mandato en Telemiño non se emitiron facturas para financiar irregularmente ao Partido popular de Ourense e pide a súa dimisión
A deputada lembrou que na comisión do 27 de Novembro o BNG preguntou se director Xeral da CRTVG ía rectificar o enfoque informativo sobre a investigación da xuíza de Lara a respecto do financiamento irregular do Partido popular de Ourense ante a falta de pluralismo informativo que dominou esta noticia nos medios de titularidade pública e lembrou que outra das preguntas formuladas polo BNG referíase a posibilidade dunha comparecencia do propio director xeral da CRTVG en sede parlamentar pola súa vinculación cunha das empresas mencionadas no auto. Empresas implicadas na financiación irregular do PP, e concretamente Telemiño.
Tras a intervención de Sánchez Izquierdo, a deputada pediu que dimitira pola implicación na investigación da xuíza Lara e por amordazar os medios de comunicación de titularidade pública.
Na súa intervención, a deputada explicou que no período investigado, Alfonso Sánchez Izquierdo ocupaba un cargo de responsabilidade na devandita empresa e cando foi preguntado por esta circunstancia, fíxose o ofendido e só disposto a dar contar da súa profesionalidade. Tamén, dixo Prado, anunciou a súa disposición a comparecer, sen embargo, pasado un mes, vostede non pediu comparecer no Parlamento e como bon discípulo do Partido popular, confunde a obriga legal de asistir á comisión de control coa vontade de comparecer en sede parlamentar.
Prado explicou que a xuíza emitiu un novo auto para recabar máis información sobre facturas emitidas a nome de dirixentes do Partido popular e determinar posibles delitos de apropiación, suborno, tráfico de influencias, falsidade documental e delitos electorais. A xuíza, engadiu a deputada, volve a dirixirse a Telemiño para reclamar facturas emitidas cando vostede era o seu máximo responsable como Presidente e conselleiro delegado.
Vostede agora é un cargo político que dirixe os medios de titularidade pública nomeado polo Goberno do Partido popular, partido, recalcou, investigado por finaciamento irregular cunha empresa á que vostede estaba vinculado polo que volveu preguntar pola súa responsabilidade coa financiación irregular do PP en Ourense.
Pola súa parte o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo afirmou que sempre atende aos requirimentos d@s deputad@s dentro da normativa vixente e mantivo que leva máis de 35 anos dedicado a información, dirixindo La Región e outra sociedades vinculadas. Sempre con criterios esixentes e mecanismos de control e auditorías correspondentes e nada foi irregular ou reprobable na miña xestión remarcou.Para a nacionalista, a intervención de Sánchez Izquierdo desacredita ao Parlamento. O máximo responsable dos medios públicos de Galiza, pagados cos impostos de todos os galegos e galegas, afirmou, está baixo sospeita de emitir facturas agora investigadas, non merece estar ao fronte da CRTVG e debe dimitir reiterou.