Mini pide ao goberno galego que defenda ao sector agrogandeiro fronte ao decreto dos puríns

Xosé Luís Rivas Mini
Xosé Luís Rivas Mini

Acusa ao goberno español e a titular de Agricultura de castigar inxustamente ao sector galego   

O parlamentario do BNG, Xosé Luís Rivas formulou hoxe unha pregunta ao goberno sobre as consecuencias da normativa europea sobre emisións de amoníaco a atmosfera produto dos zurros de explotacións gandeiras.

Na súa intervención, o nacionalista explicou que a Unión europea tenta  reducir as emisións de amoníaco á atmosfera  condicionando a normativa  á PAC. O  Ministerio de Agricultura español, pola súa parte  lanza un Real Decreto que castiga gravemente  ao sector agrogandeiro coa  prohibición da difusión “ en abanico” dos fertilizantes líquidos. Rivas puntualizou, que  as emisións da agrogandeira representan  un 4,4% fronte aos do  ao porcino cun  17% e os abonos de síntese que chegan ao  19%.

O porcino non está condicionado á PAC

O deputado insistiu en que case a  totalidade das emisión sitúanse fora da cornixa Cantábrica e por tanto, de Galiza e  criticou o posicionamento do Ministerio que, ao seu xuízo, responde  á presión de  Lobys do porcino e dos abonos de síntese. Rivas lembrou que o porcino non está condicionado a PAC e a pesar das grandes emisións non se vería afectado como ocorre co sector lácteo galego.

“O BNG avoga por boas prácticas agrícolas”, afirmou Rivas, prácticas entre as que destacou “o enterramento inmediato” dos abonados, contar con  máis base territorial, potenciar o Banco de terras, incrementar o pastoreo e ter moi en conta a  propia  “excepcionalidade do  noso territorio”.

Pola súa banda , a Directora xeral de gandeiria e  industrias agroalimentarias Belén Docampo argumentou que a consellaría xa emitiu un documento de “excepcionalidade” para mitigar as consecuencias do  decreto.

O deputado reiterou que o decreto “é inxusto”  porque penaliza ao sector menos culpable  e denunciou  que a norma  responde a “presións alleas ao sector agrogandeiro galego”.

 

Rivas recomendou ao Goberno galego  “deixar ao un lado a afinade política con Tejerina e o Goberno central” e defender os intereses do sector lácteo galego.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG