Mini apoia a manifestación dos traballadores e traballadoras de Noa Madera en Fene

Mini na manifestación de Noa Madera
Mini na manifestación de Noa Madera

O candidato do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas xunto ao alcalde de Fene e membros da candidatura e da comarca, participan na manifestación convocada polos traballadores e traballadoras de Noa Madera para reclamar a paralización dos despedimentos e garantir o  futuro da empresa.

Noa Madera, empresa de deseño de tendas contaba con 200 traballadores dos que 66 foron despedidos e persiste a  a ameaza da perda de máis postos de traballo. O BNG lembra que hoxe mesmo solicitou no pleno da Deputación permanente celebrado no Parlamento galego a comparecencia do conselleiro de Industria para dar conta das medidas do goberno ante o conflito laboral de Noa Madera e, unha vez máis, aproveitando a súa maioría,  o Partido popular impediu que o titular de Industria compareza na casa do Hórreo para dar as explicacións reclamadas.

Manifestación Noa MaderaO candidato do BNG por a Coruña, Xosé Luís Rivas lamenta que o PP continúe coa "súa política de desmantelamento industrial" sobre todo nunha comarca dabondo castigada social e economicamente. Rivas critica que, tras a crise sanitaria da COVID-19 moitos sectores se atopen agora ante unha grave crise económica mentres o  goberno galego permanece "impasible" con  situacións como a de  Alcoa ou as pequenas e medianas empresas abocadas a pechar por "intereses empresariais" a pesar de "ser rendibles" como é  Noa Madera .

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG