Maite Ferreiro: “En Muras baixamos a factura da luz á veciñanza cos beneficios dos eólicos; na Galiza tamén podemos”

Muras
Muras

A candidata do BNG ao Congreso, visitou o concello de Muras, para que a produción eléctrica dos aeroxeneradores beneficie directamente a veciñas e veciños

O alcalde do BNG, Manuel Requeixo, explicou que toda a poboación de Muras recibe ata 500 euros anuais por fogar para facer fronte ao pago da electricidade

A candidata do BNG ao congreso, Maite Ferreiro, visitou o Muras onde explicou “neste concello, un goberno do BNG foi capaz de que os beneficios dos parques de aeroxeneradores repercutan directamente sobre o a poboación rebaixando o que as veciñas e veciños teñen que pagar pola factura da luz”. Ferreiro puxo a Muras como exemplo “do que debe facerse dende os gobernos, na medida en que se teñen compentencias, para facer reveter sobre o territorio a riqueza que produce a explotación do noso espazo”.

Ferreiro sinalou “en Galiza somos uns dos maiores produtores de enerxía eléctrica pero, pola contra, pagamos unha das facturas máis altas de Europa pola electricidade que consumimos”. A candidata do BNG incidiu na importancia de que Galiza teña un voz propia en Madrid por que “as políticas enerxéticas están marcadas dende o goberno do estado e a día de hoxe ninguén mira, nin pensa en Galiza, á hora de lexislar, unicamente se teñen en conta os intereses das grandes empresas eléctricas”.

O alcalde do BNG, Manuel Requeixo, explicou que toda a poboación de Muras recibe ata 500 euros anuais por fogar para facer fronte ao pago da electricidade e asegurou que se está traballando para incrementar a repercusión, no concello, dos beneficios da produción eléctrica. Dende a implantación deste sistema unha parte dos cartos que o concello recada como canon pola produción eléctrica repercute directamente sobre a calidade de vida das persoas que viven en Muras.

UNHA TARIFA ELÉCTRICA GALEGA

O BNG aposta pola creación dunha tarifa eléctrica propia. Maite Ferreiro dixo que “non é certo que a lexislación o impida por que en Euskadi xa se aplica unha tarifa reducida para empresas que son electrointensivas e tamén para outras ás que se lles facilita a súa implantación e permanencia” e engadiu “o caso de ALCOA é moi significativo do que significa ter ou non ter o control sobre a enerxía que se produce no propio país”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG