xerais 2023

Daniel Castro presenta en Lugo, coa secretaria xeral de Galiza Nova, a campaña que levará por todo o país a mensaxe do BNG

Lugo
Lugo

"Levaremos por toda Galiza o traballo feito por Nestor Rego no congreso en Madrid fundamental para todo o país” dixo Daniel Castro

A Secretaria Xeral de Galiza Nova, Marta Gómez, citou o papel da mocidade como "fundamental" para o desenvolvemento do país

O cabeza de lista do BNG ao Congreso por Lugo, Daniel Castro, presentou xunto coa secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez, a campaña que levará por toda Galiza a mensaxe do BNG e de Galiza Nova. Unha furgoneta, xunto con unha mesa informativa, percorrerá as diferentes localidades do país e visitará as principais vilas e cidades. A viaxe chegou a Lugo cando se celebra na cidade a festa do Arde Lucus. Estiveron presentes as e os concelleiros do goberno de Lugo encabezados polo Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, parlamentarias galegas como Olalla Rodil e futuros representantes na Deputación como a edil de Castroverde Iria Castro. Tamén acudiron ao acto cargos orgánicos do BNG e Galiza Nova.

Marta Gómez dixo que "a mocidade xogase o seu futuro nestas eleccións xerais e o BNG é a forza que mellor representa os intereses da mocidade galega" e engadiu que "o BNG ten en conta ás mozas e mozos á hora de formar as súas candidaturas para darlles presenza nas institucións e que tamén as rendas do seu futuro". A secretaria xeral de Galiza Nova falou do "orgullo que supón que unha persoa nova encabece a candidatura por Lugo e que sexa Dani Castro a persoa que levará a Madrid os problemas das galegas e galegos despois do "

Pola súa banda Daniel Castro afirmou que “para a mocidade é fundamental unha vivenda digna a un prezo aceptable e un transporte eficaz e propio deste século” e engadiu “serán fundamentais as políticas a desenvolver dende a administración central para que a mocidade poida desenvolver a súa vida sen ter que emigrar por que todos e todas queremos facer a nosa vida no lugar onde nacemos".

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG