Senado

Carme Da Silva logra o compromiso de Sánchez para “reducir o déficit histórico que sofre Galiza” en infraestruturas e servizos ferroviarios

Carme da Silva
Carme da Silva

A senadora do BNG ao Presidente do Goberno: “cumpra coa Galiza recollendo estes compromisos nos próximos orzamentos”

Confirmoulle que se compromete a executar o Plan Integral de Modernización Ferroviaria na Galiza e implantar as cercanías ferroviarias durante esta lexislatura

A senadora do BNG, Carme da Silva, solicitou ao Presidente, Pedro Sánchez, o compromiso do Goberno para solucionar as carencias e problemáticas que sofre o sistema ferroviario na Galiza. No concreto, da Silva consegue que Sánchez se comprometa a reducir o déficit histórico que sofre a Galiza en materia ferroviaria ao longo desta lexislatura: Plan Integral de Modernización Ferroviaria ou a implantación do servizo de proximidade na Galiza, entre as cuestións máis destacadas. Alén disto, a senadora do BNG chama a revisar a política tarifaria e afondar na Cuestión do Corredor Atlántico, infraestrutura que o propio Ministro indicara que ía con retraso en comparación ao Corredor Mediterráneo.

Superar o déficit histórico da Galiza en materia ferroviaria

“Ningún dos Goberno do Estado, dunha ou outra cor, atenderon as necesidades da Galiza a respecto do transporte ferroviario a pesar de que sempre foi unha loita do BNG. A nosa prioridade, a do BNG, é a cohesión e a vertebración territorial da Galiza coa implantación das cercanías ferroviarias e a mellora das infraestruturas” reivindicou a senado do BNG.

Neste sentido, a senadora do BNG logra que o Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, se comprometa a “ir reducindo o déficit histórico que sofre a Galiza en materia ferroviaria” con máis investimentos e a renovación e aumento do material rodante. No concreto, Sánchez lembrou que o Acordo de Investidura conseguido polo BNG “recolle –ademais da prórroga en 2024 dos bonos de transporte- a execución dun Plan Integral de Modernización Ferroviaria na Galiza” con actuacións específicas como a modernización e electrificación do tramo Ourense-Lugo , a modernización do tramo Coruña-Ferrol, do ancho métrico, etc.

Galiza precisa de máis tren e máis servizos ferroviarios

Por outra parte, a senadora do BNG conseguiu na súa intervención o compromiso para que o Goberno execute o plan de mellora da calidade dos servizos ferroviarios, acuñado polo Ministerio de Transportes como Plan de Mellora da Puntualidade. “Igual que precisamos de máis ferrocarril, tamén precisamos menos incidencias, menos retrasos, menos cancelacións ou avarías” reivindica a senadora nacionalista. “Atendan as demandas das asociacións de defensa do tren para aumentar as súas frecuencias e a súa intermodalidade” chama da Silva ao Presidente.

Alén do máis, da Silva pediu a posta en marcha do servizo de cercanías ferroviarias que, en cumprimento co acordo asinado entre BNG e PSOE, Sánchez avanza a súa implantación “durante esta lexislatura” ante ·esta carencia histórica”. “Galiza é unha das poucas Comunidades do seu tamaño e poboación que carece deste servizos de proximidade cando as áreas como a da Coruña-Ferrol concentran máis de medio millón de habitantes e Vigo-Pontevedra, máis de 700.000” destaca Carme da Silva.

Máis resposta de Sánchez: conectar Galiza co mundo

Ademais das actuacións concretas que Sánchez enumerou, a senadora nacionalista demandoulle completar o Eixo Atlántico –executando o baypass de Betanzos e a saída sur de Vigo- como infraestruturas estratéxica para o desenvolvemento do Corredor Atlántico. “A comunicación con Portugale e Europea é básica. Pedímoslle un compromiso firme para que priorice a conexión de AVE Vigo-Porto, acelerando as actuacións no tramo galego, en liña co que está a facer o seu homólogo portugués” urxe.

Neste sentido, da Silva lembra que o propio Ministro de Transportes admitiu en declaracións pasadas que “o Corredor Atlántico vai máis retrasado que o Mediterráneo” a pesar da súa importancia estratéxica para o transporte de mercadorías da Galiza con Europa. Este Corredor, o Atlántico, precisa segundo lembra a senadora “de consignacións económicas firmes”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG