O portavoz de Medio Ambiente do BNG, Luís Bará defendeu unha moción instando á Xunta a trasladar ao Parlamento de Galiza, os expedientes dos plans industriais e monetarizacións do concurso eólico do ano 2010 e anunciou que si o PP persiste en negar esta documentación, o BNG acudirá á xustiza.
Ademais, o deputado propuxo revisar “de oficio” os expedientes dos parques eólicos de Campelo e Lamas de Feás co fin de garantir o compromiso de monetarizaicón como figura na adxudicación do concurso eólico e non permitir a condonación das cantidades endebedadas por este incumprimento.
Bará recalcou que urxe “defender o interese público e nese sentido volveu a reclamar os devanditos expedientes sobre o desenvolvemento dos plans industriais ou da correspondente monetarización. Por outra banda, tamén se referiu a obriga do goberno a dar conta dos ingresos xa percibidos dos parques eólicos adxudicados no concurso do 2010.
A iniciativa defendida polo deputado do BNG foi rexeitada polo Partido popular.
Investigar as irregularidades por non reclamar as cantidades da monetarización
O nacionalista demandou “unha investigación interna” sobre posibles irregularidades por non reclamar cantidades derivadas da monetarización e no caso de incorrer en “responsabilidades políticas”, a súa depuración.
Na defensa da moción, Bará preguntou a quen está protexendo o Partido popular para negar a documentación requirida polo BNG? Por que a Xunta perdoa as empresas as cantidades polos proxectos eólicos e non as reclama para as arcas públicas “tan necesarias para rematar cos recortes en educación e sanidade”.
Para do deputado, o goberno central e a Xunta despois de “exprimir a terra inzando Galiza de parques eólicos agora pretenden levalos ao mar a pesar das consecuencias negativas que terán para a nosa costa e pesca”. O problemas, radica, dixo nas estimacións do Plan Nacional de Enerxía e Clima do Estado e da Axenda enerxética de Galiza para o 2030 que nós “xa superamos”. Dende o BNG, engadiu, estamos moi preocupados porque existen 9.400 MW con permisos de conexión que contarían con este beneplácito para a “aceleración dos proxectos eólicos”.
O deputado negou que o modelo eólico da Xunta sexa ordenado, garantista e respectuoso co territorio, porque representa “unha auténtica barbaridade, un espolio, e un saqueo”. O seu modelo, reiterou Bará, ilustra a “depredación” amparada pola lei do sector eléctrico do ano 2013 e a transposición á lei galega do 2017 de Iniciativas empresarias “abrindo a barra libre” para a implantación masiva de parques eólicos.
Na actualidade, a cidadanía está “preocupada e alarmada pola invasión eólica” mentres a Xunta e o goberno do estado continúan denominándoa Transición Enerxética. Cando na realidade é “unha traizón enerxética e un ataque contra Galiza e o seu medio rural”.
Bará criticou que o Partido popular continúe defendendo os parqués eólicos como o “maná” que vai salvar o rural cando en realidade, os proxectos acaban coa vida do rural, a paisaxe, a biodiversidade e sobre todo, “coa vida das persoas que teñen os seus proxectos económicos nestas zonas”
Neste momento, recalcou o nacionalista, o goberno galego fixo tan mal as cousas que xa está denunciado pola vía penal por “presunta prevaricación e malversación”. Dende o BNG seguimos reclamando a información dos expedientes industriais e a súa monetarización como o relacionado con Greenalia con 11,7 millóns de euros sobre dous parques, pago que a Xunta perdoou a empresa como tamén sucede con outras 21 empresas que presentaron proxectos industriais e que posteriormente solicitaron a monetarización.
Que problema hai para que non remitan a información que solicitamos dende o BNG? Que vai pasar con empresas como Greenalia, Acciona, Cortizo, Fenosa.....que se comprometeron a investir en proxectos industriais que non cumpriron ou a pagar por eses parques públicos adxudicados, como Fenosa, por máis de 1.175 Millóns de euros e que non pagaron’ volveu a preguntar o nacionalista.
A moción defendida pola BNG foi rexeitada polo Partido popular.